Marcial Suárez Fernández, nado en Allariz o 15 de febreiro de 1918 e finado na Aguieira (O Porto do Son) o 26 de agosto de 1996, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Fixo o bacharelato universitario en Ourense e cursou estudos na Normal. Despois da guerra civil trasladouse a Madrid. Foi redactor de Radio Madrid durante catorce anos. Foi mestre e xornalista e colaborou en diversos medios de comunicación. En 1965 obtivo o Premio Isaac Fraga pola obra teatral Las monedas de Heliogábalo.

Obras La llaga, 1948. Calle de Echegaray, 1950. El agua y el vino, 1988. Dios está lejos, 1988. Allariz, 1991.

Obra en galego O acomodador e outras narraciós, 1969. Despois incluído na Biblioteca de Autores Galegos.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha na Editorial Galaxia

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Allariz Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1996