Jaime Ozores de Prado, marqués de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

Traxectoria Fillo do militar Eduardo Ozores Valderrama e de Ramona de Prado Ozores, foi irmán de José María Ozores de Prado. Foi coronel de artillaría. Vinculado ao catolicismo social. Presidiu a Real Academia Galega de Belas Artes (1901-1922), e promoveu a creación do Museo Provincial e das Escolas Populares Gratuítas na Coruña. Foi membro da Real Academia Galega desempeñando o cargo de secretario. Foi coleccionista de arte.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1846 Categoría:Finados en 1922 Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes