Scooby-Doo é un filme estadounidense dirixido por Raja Gosnell que se estreou no 2002. Baséase na serie de animación Scooby-Doo creada por Joe Ruby e Ken Spears.
Sinopse Dous anos despois de que un choque de egos obrigase a Mystery Inc. a pechar as súas portas, Scooby-Doo e os seus amigos Fred, Daphne, Shaggy e Velma, son chamados individualmente a Spooky Island para investigar unha serie de incidentes paranormais no club nocturno Spring Break. Preocupado porque o seu popular centro turístico pode estar realmente enmeigado, o propietario de Spooky Island, Emile Mondavarious, trata de volver a unir a eses detectives con fama de entremetidos para que resolvan o misterio antes de que o seu segredo sobrenatural asuste á multitude de universitarios que o frecuentan.
Personaxes Freddie Prinze, Jr. como Fred Jones, o líder de Mystery Inc. Sarah Michelle Gellar como Daphne Blake Matthew Lillard como Shaggy Rogers Linda Cardellini como Velma Dinkley Rowan Atkinson como Emile Mondavarious Isla Fisher como Mary Jane Miguel A. Núñez, Jr. como Mestre Voodoo Steven Grives como N' Goo Tuana Sam Greco como Zarkos Michala Banas como Carol Kristian Schmid como Brad Martin Broome como Melvin Doo Nicholas Hope como Vello Smithers / The Luna Ghost Holly Brisley como Muller do vídeo de formación Remi Broadway como Home do vídeo de formación Andrew Bryniarski como Esbirro da caverna Janis McGavin como Co-Ed Hottie Kym Jackson como Buscador de autógrafos Sugar Ray como Eles mesmos Pamela Anderson como Ela mesma Sandra McCoy como Limpadora David Knijnenburg como Viaxeiro da illa
Galardóns e nomeamentos 2002: 2 nomeamentos ós Premios Razzie, incluíndo peor actor secundario (Prince Jr.).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Raja Gosnell Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Atlas Entertainment Categoría:Filmes sobre cans