Mientras duermes é un filme español dirixido por Jaume Balagueró que se estreou no 2011. Protagonizado por Luís Tosar e Marta Etura.

Sinopse César é o porteiro dun edificio de apartamentos e non cambiaría este traballo por ningún outro, xa que lle permite coñecer a fondo os movementos, os hábitos máis íntimos, os puntos febles e os segredos de todos os inquilinos. Se quixese podería mesmo controlar as súas vidas, influír nelas coma se fose Deus, abrir as súas feridas e fedellar nelas. E todo sen levantar ningunha sospeita. A nova veciña do 5ºB non deixa de sorrir. Entra e sae cada día radiante e leda, chea de vida. Así que axiña se converterá no novo obxectivo do sinistro xogo de César. Trátase dun reto persoal, dunha obsesión.

Personaxes Luís Tosar como César Marta Etura como Clara Alberto San Juan como Marcos Pep Tosar como Pai de Úrsula Petra Martínez como Señora Verónica Amparo Fernández Iris Almeida

Galardóns e nomeamentos 2011: Premios Goya: Nomeado a mellor actor (Luís Tosar). 2011: 6 Premios Gaudí: incluíndo mellor filme de lingua non catalá, director e actor (Luís Tosar).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Páxina oficial

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Jaume Balagueró Categoría:Filmes rodados en España Categoría:Filmes rodados en Terrasa Categoría:Filmes ambientados en Barcelona