As primeiras eleccións á Asemblea de Estremadura tiveron lugar o 8 de maio de 1983, coincidindo coas eleccións aos parlamentos de todas as comunidades autónomas salvo Andalucía, Cataluña, Galicia e País Vasco. Presentáronse sete candidaturas en total: PSOE, a coalición AP-PDP-UL, CDS (só por Cáceres), PCE, Extremadura Unida, Bloque Popular de Extremadura (só por Cáceres) e a coalición entre PCEU e PCOE (só por Badaxoz). Esta primeira Asemblea tería que elixir o primeiro presidente da Xunta de Estremadura. A presidencia da Xunta preautonómica era ostentada polo socialista Juan Carlos Rodríguez Ibarra.
Cun censo de 786.200 electores, os votantes foron 565.244 (71,9%) e 220.956 as abstencións (28,1%).
Resultados O PSOE obtivo maioría absoluta, e conseguiu o nomeamento do seu candidato, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, como presidente da Xunta. Ademais do PSOE, só a coalición AP-PDP-UL, Extremadura Unida e o PCE obtiveron representación. Contabilizáronse 2.622 (0,5%) votos en branco.
Resultados
Eleccións á Asemblea de Estremadura de 1983 → Presidente e goberno Partido Candidato Votos % Escanos +/- Presidente: Juan Carlos Rodríguez Ibarra Goberno: PSOE Censo: 786.200 Votantes: 565.244 (71,9%) Abstención: 220.956 (28,1%) Válidos: 560.091 A candidatura: 557.469 (99,5%)Partido Socialista Obrero Español (PSOE) Juan Carlos Rodríguez Ibarra 296.939 53,27 35 AP-PDP-UL Adolfo Díaz-Ambrona 168.606 30,24 20 Extremadura Unida (EU) Pedro Cañada 47.504 8,52 6 Partido Comunista de España (PCE) Manuel Pareja 36.294 6,51 4Centro Democrático y Social (CDS) 4.414 0,79 0Bloque Popular de Extremadura (BPEX) 2.249 0,400 Partido Comunista Obrero Español-Partido Comunista de España Unificado (PCOE-PCEU) 569 0,06 0En branco N/A 2.622 0,5 N/A N/ANulos N/A N/A N/A
Véxase tamén Ligazóns externas Resultados das eleccións á Asemblea de Estremadura de 1983. Grupos parlamentarios da Primeira Lexislatura da Asemblea de Estremadura
Categoría:Eleccións en Estremadura Categoría:Política de Estremadura