Tassili Airlines (en ) é unha aeroliña baseada en Alxer, Alxeria. Proporciona servizos domésticos fóra do aeroporto Houari Boumedienne Airport, e tamén voos charter para a industria petrolífera do país.
Tassili Airlines fundárona en 1997 Air Algérie (49%) e a compañía Sonatrach (51%). As súas operacións comezaron o 8 de abril de 1999 cun voo entre Hassi Messaoud e Alxer. En 2005 Air Algérie retirou os seus fondos da aeroliña, quedando a súa titularidade en mans de Sonatrach.
Frota
En setembro de 2017 a frota de Tassili Airlines estaba formada polos seguintes avións cunha idade media de 8,6 anos: <center> {| class="toccolours" border="1" cellpadding="3" style="border-collapse:collapse" |+ Frota de Tassili Airlines |- bgcolor=green !<span style="color:white;">Avión !<span style="color:white;">En servizo !<span style="color:white;">Pedidos !<span style="color:white;">Pasaxeiros !<span style="color:white;">Notas |- |Boeing 737-800 |<center>4 |<center>0 |<center>155
|Bombardier Dash 8-Q200 |<center>4 |<center>0 |<center>34-37
|Bombardier Dash 8-Q400 |<center>4 |<center>0 |<center>78-74
|Total |<center>12 |0
Ademais, a aeroliña ten varios avións máis pequenos, Beechcraft 1900, Cessna 208 Caravan e Pilatus PC-6, así como helicópteros Bell 206.
Notas
Categoría:Aeroliñas de Alxeria