miniatura|dereita|Prolactina. A prolactina (PRL) tamén chamada hormona luteotrópica (LTH) UniProt Prolactin é unha hormona proteica segregada na hipófise e noutras células extrahipofisarias, que nos humanos está codificada no xene PRL situado no cromosoma 6.

Foi descuberta por Henry Friesen. Aínda que a prolactina é coñecida principalmente polo seu papel na lactación dos mamíferos, existe tamén en vertebrados tan antigos como os peixes, nos cales as súas principais misións están relacionadas co control do equilibrio de sales e auga no corpo.

A prolactina actúa tamén de modo similar a unha citocina e como un importante regulador do sistema inmunitario. A prolactina ten importantes funcións relacionadas co ciclo celular como factor de crecemento, diferenciación e antiapoptótico. Actuando como factor de crecemento que se une a receptores de citocinas ten tamén unha profunda influencia na hematopoese, anxioxénese e está implicado na regulación da coagulación sanguínea a través de varias vías. En conxunto, "informouse de máis de 300 accións distintas da PRL en varios vertebrados, como efectos no equilibrio de auga e sales, crecemento e desenvolvemento, endocrinoloxía e metabolismo, cerebro e comportamento, reprodución, e regulación inmune e protección". A prolactina actúa de modo endócrino, parácrino e autócrino, a través do receptor da prolactina e un gran número de receptores de citocinas.Bole-Feysot, C.; Goffin, V.; Edery, M.; Binart, N.; Kelly, P. A. (1998). "Prolactin (PRL) and its receptor: Actions, signal transduction pathways and phenotypes observed in PRL receptor knockout mice". Endocrine reviews 19 (3): 225–268. doi:10.1210/er.19.3.225. PMID 9626554.

A prolactina segrégase polas células lactotropas da adenohipófise ou pituitaria anterior (e por outras células extrahipofisarias). A secreción hipofisaria de prolactina está regulada por neuronas endócrinas do hipotálamo, as máis importantes das cales son as neuronas neurosecretoras do tuberoinfundíbulo (TIDA) do núcleo arqueado, que segregan dopamina que actúa sobre o receptor D2 das células lactotropas, causando a inhibición da secreción de prolactina. O factor ou hormona liberadora da tirotropina (TRH) ten un efecto estimulador sobre a liberación de prolactina.

O péptido intestinal vasoactivo (VIP) e o péptido histidina isoleucina axudan a regular a secreción de prolactina nos humanos, pero as funcións destas hormonas nas aves parecen ser bastante diferentes.

A prolactina clasifícase ás veces como gonadotropina Marieb, E.N. and Hoehn, K. (2006). Human Physiology & Anatomy. 7th ed. London: Benjamin Cummings. p605, aínda que nos humanos ten só un feble efecto luteotrópico, e o seu efecto de supresión das hormonas gonadotrópicas clásicas é máis importante.MESH entry on Gonadotropins

Efectos A prolactina ten moitos efectos incluíndo regular a lactación e estimular a proliferación das células precursoras dos oligodendrocitos.

Estimula as glándulas mamarias a producir leite para a lactación: O incremento da concentración sérica de prolactina durante o embarazo causa o aumento de tamaño das glándulas mamarias e prepáraas para a produción de leite. Porén, os niveis altos de proxesterona durante o embarazo suprimen a produción de leite. A produción de leite empeza normalmente cando os niveis de proxesterona caen ao final do embarazo e se produce o estímulo de succión. Ás veces, os bebés recentemente nados (machos e femias) segregan unha substancia leitosa polas súas mamilas. Isto está en parte causado pola produción materna de prolactina e outras hormonas.

A prolactina inflúe no orgasmo: A hormona contrarresta o efecto da dopamina, a cal é responsable da excitación sexual. Pénsase que isto causa o período sexual refractario.New Scientist article on prolactin function relating to sex—University of Paisley and the ETH Zürich A cantidade de prolactina pode ser un indicador da cantidade de satisfacción sexual e de relaxación. En casos pouco frecuentes sospéitase que as grandes cantidades de PRL son responsables da disfunción eréctil e da perda da libido (ver hiperprolactinemia).

A prolactina tamén estimula a proliferación das células precursoras dos oligodendrocitos. Estas células diferéncianse en oligodendrocitos, as células responsables da formación das vaíñas de mielina dos axóns das neuronas do sistema nervioso central.

A prolactina tamén ten outros efectos como contribuír á síntese do surfactante pulmonar fetal ao final da xestación e da inmunotolerancia do feto polo organismo materno durante o embarazo; tamén fai decrecer os niveis normais de hormonas sexuais (estróxeno nas mulleres e testosterona nos homes).Prolactinoma—Mayo Clinic Esta inhibición dos esteroides sexuais é a responsable da perda do ciclo menstrual en mulleres lactantes e da osteoporose asociada coa lactación. A prolactina tamén aumenta os receptores da hormona luteinizante nas células de Leydig, o que ten como resultado a secreción de testosterona, que estimulará a espermatoxénese. A prolactina atrasa o recrecemento do pelo nos ratos.

A prolactina promove a neuroxénese Tetsuro Shingo, Christopher Gregg, Emeka Enwere, Hirokazu Fujikawa, Rozina Hassam, Colleen Geary, James C. Cross and Samuel Weiss. Pregnancy-Stimulated Neurogenesis in the Adult Female Forebrain Mediated by Prolactin. Science 3 January 2003. Vol. 299 no. 5603 pp. 117-120. DOI: 10.1126/science.1076647. .

Produción e regulación Nos humanos a prolactina prodúcese polo menos na hipófise ou pituitaria, decidua, miometrio, seos, linfocitos e outros leucocitos e na próstata.Ben-Jonathan, N.; Mershon, J. L.; Allen, D. L.; Steinmetz, R. W. (1996). "Extrapituitary prolactin: Distribution, regulation, functions, and clinical aspects". Endocrine reviews 17 (6): 639–669. PMID 8969972.

A prolactina da pituitaria está controlada polo factor de transcrición Pit-1 e en última instancia pola dopamina; a prolactina extrahipofisaria está controlada por un promotor superdistal e aparentemente non se ve afectada pola dopamina.

Nas células da decidua e nos linfocitos o promotor distal e a expresión de prolactina están estimulados polo AMP cíclico (AMPc). A resposta ao AMPc está mediada por un elemento de resposta ao AMPc imperfecto e dúas proteínas de unión a CAAT/amplificadores (CAAT/enhancers) ou proteínas C/EBP. A proxesterona estimula a síntese de prolactina no endometrio pero diminúea no miometrio e no tecido glandular mamario.Zinger, M.; McFarland, M.; Ben-Jonathan, N. (2003). "Prolactin expression and secretion by human breast glandular and adipose tissue explants". The Journal of clinical endocrinology and metabolism 88 (2): 689–696. PMID 12574200. Porén, os seos e outros tecidos poden tamén expresar o promotor Pit-1 ademais do promotor distal.

A produción extrapituitaria de prolactina pénsase que é un caso especial nos humanos e primates e pode funcionar principalmente para regulacións específicas de tecido parácrinas e autócrinas. Hipotetízase que noutros vertebrados como o rato un efecto específico de tecido similar é realizado por unha gran familia de proteínas similares á prolactina controladas por polo menos 26 xenes de PRL parálogos non presentes nos primates.

Varición nos niveis Hai un ciclo diúrno e ovulatorio na secreción de PRL. En moitos mamíferos hai tamén un cambio estacional na produción desta hormona.

Durante o embarazo, os niveis altos circulantes de estróxenos e proxesterona inhiben a acción da prolactina sobre a produción de leite. Despois do parto, a produción reducida de estróxenos e proxesterona permite á prolactina inducir a lactación.

Despois do parto, os niveis de prolactina caen a medida que os estímulos internos para a súa secreción desaparecen. A succión do meniño lactante na mamila é a que promove despois a liberación de prolactina, mantendo a capacidade de lactación. A succión activa mecanorreceptores situados arredor da mamila. Estes sinais son transportados por fibras nerviosas pola medula espiñal ata o hipotálamo, onde cambios na actividade eléctrica das neuronas que regulan a hipófise causan un incremento na secreción de prolactina. O estímulo de succión tamén desencadea a liberación de oxitocina na neurohipófise ou pituitaria posterior, que dispara a exección de leite. Por tanto, a PRL controla a produción de leite (lactoxénese) pero non o reflexo de exección; a elevación de prolactina enche o peito de leite preparando a seguinte toma que fará o bebé.

Nas circunstancias habituais, en ausencia de galactorrea, a lactación cesará unha ou dúas semanas despois de rematar a lactación (desteta).

Tamén se atopou que comparando os machos non emparellados cos que acaban de ser pais ou esperan ser proximamente pais, nestes dous últimos aumentan os niveis de prolactina.Nelson, R.J. (2005). An introduction to behavioral endocrinology (3rd ed.)/ Sunderland, MA: Sinauer Associates.

Os niveis de prolactina altos tenden a suprimir o ciclo ovulatorio inhibindo a secreción de FSH e de GnRH. Os niveis altos de prolactina poden tamén contribuír a problemas de saúde mental.

Os niveis de prolactina aumentan ata un pico durante o sono REM, e nas primeiras horas da mañá. Os niveis poden subir despois do exercicio, comidas, relacións sexuais, operacións cirúrxicas menores, ou despois de ataques epilépticos.

A hipersecreción de prolactina é máis común ca a hiposecreción. A hiperprolactinemia é a anormalidade máis frecuente nos tumores de adenohipófise. Os signos clínicos son: lactación alterada, falta de menstruación, infertilidade nas femias, e impotencia nos machos.

Estrutura A estrutura da prolactina é similar á da hormona do crecemento e do lactóxeno placentario. A molécula está pregada debido ás súas tres pontes disulfuro. Describiuse unha significativa heteroxeneidade na molécula, polo que os bioensaios e inmunoensaios poden dar diferentes resultados debido á diferente glicosilación, fosforilación, sulfatación, e degradación observada. A forma non glicosilada da prolactina é a forma dominante segregada pola hipófise.

Existen principalmente tres formas de prolactina en canto ao seu tamaño: Prolactina pequena, que é a forma predominante. Sabharwal, P.; Glaser, R.; Lafuse, W.; Varma, S.; Liu, Q.; Arkins, S.; Kooijman, R.; Kutz, L. et al (1992). "Prolactin synthesized and secreted by human peripheral blood mononuclear cells: an autocrine growth factor for lymphoproliferation". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 89 (16): 7713–7716. Bibcode 1992PNAS...89.7713S. doi:10.1073/pnas.89.16.7713. PMC 49781. PMID 1502189. . In turn citing:

Kiefer, K. A. & Malarkey, W. B. (1978) J. Clin. Endocrinol. Metab. 46, 119–124. Ten un peso molecular de aproximadamente 22 kDa. É un polipéptido dunha soa cadea de 198 aminoácidos, e é aparentemente o resultado da eliminación dalgúns aminoácidos. Prolactina grande, que ten aproximadamente 48 kDa. Pode ser o produto da interacción de varias moléculas de prolactina. Parece ter pouca ou ningunha actividade biolóxica.Garnier, P. E.; Aubert, M. L.; Kaplan, S. L.; Grumbach, M. M. (1978). "Heterogeneity of Pituitary and Plasma Prolactin in Man: Decreased Affinity of "Big" Prolactin in a Radioreceptor Assay and Evidence for Its Secretion". Journal of Clinical Endocrinology & Metabolism 47 (6): 1273–1281. doi:10.1210/jcem-47-6-1273. Prolactina moi grande, de aproximadamente 150 kDa. Parece ter unha pequena actividade biolóxica.Lelte, Valerlano; Cosby, Helle; Sobrinho, Luis G.; Fresnoza, Agnes; Santos, M. Amparo; Frlesen, Henry G. (1992). "Characterization of big, big prolactin in patients with hyperprolactinaemia". Clinical Endocrinology 37 (4): 365–372. doi:10.1111/j.1365-2265.1992.tb02340.x. PMID 1483294.