1893 (MDCCCXCIII) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos 22 de febreiro - Hintze Ribeiro substitúe a José Dias Ferreira como primeiro ministro de Portugal. 7 de maio - A raíña María Cristina inaugura o Palacio da Bolsa de Madrid. 19 de setembro - Nova Zelandia convértese no primeiro país do mundo en recoñecer o dereito de voto ás mulleres. Estados Unidos - Hawai convértese en protectorado estadounidense. Iníciase unha revolta federalista no Rio Grande do Sul, Brasil (termina en 1895). 3 de novembro: O barco de vapor Cabo Machichaco estoupa no porto de Santander e morren case 600 persoas.
Arte e cultura O berro, pintura de Edvard Munch. miniatura|''La Época, Madrid, 19/7/1893. Nacementos 10 de xaneiro - Vicente Huidobro, poeta chileno. 12 de xaneiro - Hermann Göring, militar e político nazi. 13 de xaneiro - Clark Ashton Smith, escritor estadounidense. 18 de xaneiro - Jorge Guillén, poeta español. 26 de xaneiro - Edward G. Robinson, actor norteamericano. 4 de febreiro - Raymond Dart, paleoantropólogo. 21 de febreiro - Andrés Segovia, guitarrista español. 24 de marzo - Walter Baade, astrónomo. 7 de abril - Almada Negreiros, artista multidisciplinar portugués. 20 de abril - Joan Miró, pintor español 29 de abril - Harold Clayton Urey, químico estadounidense, premio Nobel de Química en 1934. 30 de abril - Joachim von Ribbentrop, líder nazi alemán, Ministro de Asuntos Exteriores durante a segunda guerra mundial. 6 de maio - José Calvo Sotelo, político galego. 7 de maio - Orestes Barbosa, poeta brasileiro. 8 de xullo - Fritz Perls, psicólogo alemán. 19 de xullo - Vladimir Maiakovski, escritor ruso. 23 de xullo - Julio Pérez de Guerra, avogado e xornalista galego. 26 de xullo - Indalecio Tizón Reboreda, aparellador e agrarista galego (m. 1973). 26 de xullo - George Grosz, pintor alemán (m. 1959) 30 de xullo - Juan Orol, actor e director cinematográfico galego-mexicano. 5 de agosto - Lois Peña Novo, político e escritor galego. 16 de setembro - Albert von Szent-Györgyi Nagyrapolt, fisiólogo húngaro, Premio Nobel de Medicina en 1937. 9 de outubro - Mário de Andrade, escritor brasileiro. 3 de novembro - Edward Adelbert Doisy, bioquímico estadounidense, premio Nobel de Medicina en 1943. 11 de decembro - Alceu Amoroso Lima, pensador católico brasileiro. 19 de decembro - José López Varela, mestre, avogado e político galego. 26 de decembro - Mao Zedong, político e revolucionario chinés.
Mortes 17 de xaneiro - Rutherford Birchard Hayes, 19º presidente dos Estados Unidos. 4 de febreiro - Concepción Arenal, escritora galega. 16 de febreiro - Manuel Somoza Cambero, avogado e político galego (n. 1815). 11 de marzo - Vicente Vázquez Queipo, matemático e político galego (n. 1804). 6 de xullo - Guy de Maupassant, escritor francés. 16 de setembro - Manuel Pazo Rodríguez, político galego. 6 de outubro - Ford Madox Brown, pintor. 26 de outubro - Juan Montero Telinge, político galego (n. 1800). 30 de outubro - Juan Sieiro González, filósofo e profesor galego. 6 de novembro - Piotr Ilich Tchaikovski, compositor ruso.
Véxase tamén
Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1893