miniatura|Disturbios cartistas. O cartismoEntrada de cartista en Digalego. (Chartism no inglés) foi un movemento da reforma social que xurdiu no Reino Unido e que expresaba a axitación da clase obreira debido aos cambios derivados da Revolución Industrial, á situación económica e ás leis promulgadas polo Parlamento. Ao igual que o Ludismo, o Cartismo foi un movemento propio da primeira etapa do movemento obreiro, pero a diferenza daquel, tivo unha índole esencialmente política. Obtivo o seu nome da "Carta do pobo" (The People's Charter) que é un documento escrito o 7 de xuño de 1837 no British Coffee House de Londres, enviado ao Parlamento Británico no 1838 que sinala as 6 peticións do movemento, nas que se reivindicaba: O sufraxio universal (aos homes maiores de 21 anos, sen antecedentes penais) Voto secreto Soldo anual para os deputados que posibilitase aos traballadores o exercicio da política. Reunión anual do Parlamento, que aínda que puidera xerar inestabilidade, evitaría o suborno. A participación dos obreiros no Parlamento mediante a abolición do requisito de propiedade para asistir ao mesmo. Establecemento de circunscricións iguais, que asegurasen a mesma representación ao mesmo número de votantes.

Os defensores do Cartismo pensaban que cando os traballadores alcanzasen o poder político, poderían adecuar as leis aos seus intereses de clase. A duración deste movemento abarcou unha década, entre 1838 e 1848, aínda que as reunións dos movementos continuaron ata 1852. Manifestouse en 3 ondadas: en 1838, 1842 e 1848.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina dedicada o Cartismo . El cartismo . Chartism . Cartismo en la guía2000 . Poor Laws

Categoría:Socioloxía