O Partido Regionalista Extremeño (PREx) é un partido político rexionalista de Estremadura (España), fundado e dirixido por Estanislao Martín Martín. É un dos compoñentes da federación de partidos Coalición Extremeña. O Partido Regionalista Extremeño foi inscrito no rexistro de partidos políticos do Ministerio de Interior en xaneiro de 1990.

Nas eleccións autonómicas do ano seguinte obtivo 8.643 votos (1,50%), que non lle permitiron obter representación. Nas eleccións á Asemblea de Estremadura de 1995 uníronse a Convergencia Regionalista de Extremadura (CREx) e Extremadura Unida para formar unha coalición electoral, Coalición Extremeña, que obtivo o 3,86% e un escano. Extremadura Unida abandonou posteriormente a coalición, mais PREx e CREx mantiveron a súa alianza. En 2003, Coalición Extremeña pasou a definirse como unha federación de partidos, unificándose nunha única estrutura os dous partidos que a componen.

Notas

Categoría:Partidos políticos de Estremadura