miniatura|280px|Iugoslavia antes da súa disolución.Lenda (Repúblicas e rexións autónomas):1. Bosnia e Hercegovina2. Croacia3. Macedonia do Norte4. Montenegro5. Serbia5a. Kosovo5b. Voivodina6. Eslovenia miniatura|280px|A desintegración de Iugoslavia.Serie animada de mapas na que se mostra a desintegración de Iugoslavia; as diferentes cores representan as áreas de control. miniatura|280px|Península dos Balcáns.Neste mapa pode verse como a antiga Iugoslavia ocupaba toda a parte centrooccidental da península, quedando fóra, ao suroeste, Albania, ao leste, Bulgaria e ao sur, Grecia e a Turquía europea, abarcando ademais parte da Europa central, por riba do Danubio (norte de Eslovenia, norte de Croacia e Voivodina, en Serbia).
O termo disolución de Iugoslavia refírese a unha serie de conflitos e irregularidades políticas, incluíndo varias sanguentas guerras, que acabaron ocasionando o desmembramento de Iugoslavia, a República Federal Socialista de Iugoslavia (SFR de Iugoslavia ou, simplemente, SFRI).
A República Federal Socialista de Iugoslavia era un país que ocupaba os Balcáns centrooccidentais e unha parte da Europa Central, unha rexión do sur de Europa cun conflito étnico histórico, arrastrado desde moitos séculos.
O Estado era un conglomerado de seis repúblicas e dúas provincias autónomas, que estaba dividido segundo as etnias, o que facía que fose un país con sete fronteiras, seis repúblicas, cinco nacionalidades, catro idiomas, tres relixións, dous alfabetos e un líder que, na década de 1990, se desmembrou en varios países independentes.
As oito entidades federadas pasaron a seren seis repúblicas: Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Macedonia do Norte, Montenegro, Serbia, e dúas provincias autónomas dentro desta última: Kosovo i Metohija e Voivodina.
Bosnia e Hercegovina non existira como estado etnicamente mixto desde 1465, e ademais non tiña unha maioría étnica clara, co 44 % de musulmáns, o 33 % de serbios e o 18 % de croatas, ademais doutras minorías. Dado que a estrutura demográfica de Bosnia comprendía unha poboación de serbios e croatas próxima ao 50 % do total, e con ideas de independencia baseadas nas etnias máis que na nación, o control deste territorio volveu a abrirse a diferentes interpretacións, e grandes zonas de Bosnia, Croacia e Serbia chegaron a ser zonas en disputa.
Os elementos máis importantes que fomentaron a discordia foron a formación do Reino de Iugoslavia, a guerra civil e o xenocidio levados a cabo polo Estado Independente de Croacia durante a segunda guerra mundial, a idea da "Gran Serbia" e as adaptacións balcánicas da doutrina do Paneslavismo.
Antecedentes A difícil existencia de Iugoslavia
A segunda guerra mundial: a primeira desaparición de Iugoslavia
A posguerra
Tito e o estalinismo
O socialismo autoxestionario
Causas da disolución
Colapso económico e clima internacional Iugoslavia foi, nos anos seguintes á posguerra e especialmente nos anos 1960-70, un estado cun gran poder industrial e unha economía próspera. Vinte anos antes de 1980, o crecemento do produto interior bruto (PIB) era dun 6,1% de media anual, a atención médica era de balde, a alfabetización era do 91% da poboación e a expectativa de vida alcanzaba os 72 anos.World Bank, World Development Report 1991, Statistical Annex, Táboas 1 e 2, 1991. Pero despois dunha década de mala administración económica e cinco anos de desintegración, guerra e boicot, a economía iugoslava colapsou.
Iugoslavia era un estado único, diferente tanto dos países occidentais, de economía libre de mercado, coma dos da Europa Oriental (os de "detrás do pano de aceiro"). O seu presidente, o ditador Josip Broz Tito, era un dos membros principais do "terceiro mundo" ("países non aliñados") ou "grupo dos sete", que era unha alternativa ante os países máis poderosos. E o que é máis importante, Iugoslavia actuou como un estado tampón entre Occidente (Estados Unidos e os seus aliados) e a Unión Soviética (e os seus aliados) e tamén evitou que a URSS tivese unha saída ao mar Mediterráneo. Pero a xente dicía que "Iugoslavia tiña sete fronteiras, seis repúblicas, cinco nacionalidades, catro idiomas, tres relixións, dous alfabetos e un líder". miniatura|O mariscal Tito.
Problemas estruturais
A Iugoslavia de Tito caracterizábase por emprender reformas constantes que non lograban resolver os problemas nacionais claves. Ademais, o sistema federal, debido ás crecentes tensións nacionalistas e ao desexo do Partido Comunista (a Liga dos Comunistas de Iugoslavia) de "apoiar a autodeterminación nacional" comezou a saír de control.
Isto propiciou a creación de Kosovo, cunha importante maioría albanesa, como unha rexión autónoma de Serbia, establecida pola constitución de 1974, igual que a de Voivodina, provincia con numerosos minorías étnicas, especialmente húngaros e xitanos.
Esta constitución non recoñecía o poder do goberno central sobre as rexións autónomas, o que non só agravou os temores dos serbios de que quedase "unha Serbia débil para unha Iugoslavia forte", senón que tamén feriu a base da identidade nacional de Serbia. A maioría dos serbios ven a Kosovo como "o berce da nación", e non aceptan a posibilidade de perdela permitindo que se poboe maioritariamente de albaneses.
Esta importancia capital de Kosovo débese á memoria da terríbel derrota dos exércitos serbios e aliado comandados polo knez (príncipe) Lazar Hrebeljanović, de que se dixo que fora traizoado en Kosovo Polje (Batalla de Kosovo) contra os turcos otománs. A devastadora derrota representou o final do reino e o imperio serbios e os seus estados sucesores e o comezo de case cincocentos anos de dominio dos otománs (1389-1868). Porén, os primeiros rexistros da batalla non datan até cen anos despois da mesma, e en forma de poema. O xiro romántico outorgado a este episodio da historia contribuíu á natureza sagrada e venerábel da rexión de Kosovo.
A Iugoslavia sen Tito. Rexurdir do nacionalismo
Os anos 1980 trouxeron unha profunda crise aos países socialistas balcánicos. En certa forma, recibían agora os efectos da recesión das economías capitalistas durante a década anterior. Tamén coñecían o fracaso na captación de mercados terceiromundistas, onde non podían competir coas multinacionais occidentais. Pero non só a conxuntura internacional ía ser decisiva no proceso de derrubamento das ditaduras balcánicas.
Os réximes comunistas lograran considerábeis éxitos na industrialización e elevaran o nivel cultural e certos aspectos da calidade de vida dos seus pobos, como quedou dito. Porén, iso fixérase co custe dun crecente estancamento da agricultura, dunha represión totalitaria das máis elementais liberdades individuais e do enriquecemento dun sector privilexiado de dirixentes políticos e sindicais, que estenderan a corrupción nos aparatos estatais e nas grandes empresas.
Os primeiros sinais dun cambio na situación déronse xa en Iugoslavia na década anterior. A estreita relación da economía iugoslava con Occidente fíxolle sufrir os efectos da crise de 1973 (a crise do petróleo), que se traduciu nunha retracción do comercio e nun aumento das desigualdades entre as rexións máis ricas —Eslovenia, Croacia— e as máis pobres —Macedonia, Kosovo—. Por outra parte (ou talvez como consecuencia disto), o nacionalismo particularista comezou a adquirir forza, sen que a reforma constitucional de 1971, que limitaba aínda máis os poderes do goberno federal, detivera o proceso.
A crise do petróleo de 1973 sumouse ás barreiras do comercio con Occidente, freando bruscamente os trinta anos de crecemento económico desmesurado. Para contrarrestar este efecto, Iugoslavia solicitou préstamos do Fondo Monetario Internacional (FMI) e caeu nunha débeda externa moi elevada. Como condición para recibir os préstamos, o FMI demandou a liberación do mercado no país. Contra 1981, Iugoslavia tiña unha débeda acumulada de 19,9 millóns de dólares. Outra preocupación era a taxa de desemprego, que alcanzou un millón de parados contra 1980. Este problema agravouse coa "improdutividade xeral do sur", a cal non só somerxeu a Iugoslavia máis aínda na catástrofe, senón que tamén irritou a Eslovenia e Croacia. Unha década de pobreza resultou nunha frustración e resentimento crecentes contra a "clase alta" serbia e cara ás minorías que se vían beneficiadas pola lexislación gobernamental. As ganancias de Iugoslavia caeron nun 25 % desde 1979 a 1985. Contra 1988 a débeda chegou aos 4,5 mil millóns de dólares estadounidenses, e en 1989 alcanzou os 6,2 miles de millóns, sendo un 19 % da débeda total do mundo.Beth J. Asch (1994): Emigration and Its Effects on the Sending Country. Courtland Reichmann, Rand Corporation, páx. 26.Douglas S. Massey e J. Edward Taylor (2004): International Migration: Prospects and Policies in a Global Market. Oxford University Press, páx. 159.
Así, suscitáronse problemas con Croacia (novembro-decembro de 1971), que o ano seguinte provocaron un gran reaxuste no partido e reflectíronse en diversos atentados no exterior e na desarticulación de redes de terroristas (xullo de 1972). A partir de 1974 produciuse un cambio de orientación e modificouse novamente a Constitución, esta vez en sentido centralista, mentres se endurecía a represión dos disidentes. Esta nova Constitución, promulgada o 27 de febreiro de 1974, trataba ademais de trazar as futuras vías do socialismo iugoslavo, reforzando as bases da autoxestión e tratando de afrontar globalmente os problemas políticos e económicos de Iugoslavia como paso previo á sucesión de Tito.
Esta produciuse á súa morte, acaecida en 1980, que deu paso efectivo á presidencia colectiva, formada por oito representantes das seis repúblicas e as dúas rexións autónomas, con presidente de rotación anual entre eles. Esta nova versión da federación esencialmente converteu a Iugoslavia nunha confederación, cuestionando a lexitimidade do réxime e xerando resentimento nas repúblicas máis ricas do norte, Eslovenia e Croacia, máis desenvolvidas e que se sentían continuamente frustradas pola súa incapacidade de elevar o seu nivel de vida, xa que tiñan que subsidiar o desenvolvemento das repúblicas máis pobres no que describían como "o burato negro económico". Este resaltaba as vastas diferenzas na calidade de vida nas distintas repúblicas.
A presidencia rotatoria houbo de enfrontarse de contado á violencia xerada polas reivindicacións da minoría albanesa de Kosovo (que constituía o 90 % da poboación desa provincia autónoma de Serbia) e a crecentes dificultades económicas. Na segunda metade da década adoptáronse medidas radicais, reformando o sistema de autoxestión, liberalizando paulatinamente a economía e tolerando as actividades dunha oposición non comunista que, en 1989-90, comezou a obter soados triunfos electorais nalgunhas repúblicas (Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina).
Os mandatos tan curtos da presidencia resultaron ineficaces. Esencialmente, deixaron un baleiro de poder que quedou aberto durante a maior parte da década de 1980, até que Slobodan Milošević tomou as rendas en 1989.
A Perestroika
miniatura|Mikhail Serguéievič Gorbachev en 1987. A chegada ao poder na URSS de Mikhail Gorbachev en 1985, e a aplicación do seu programa de reformas —Perestroika— abriu unha etapa de profundos cambios na Europa oriental.
Non se trataba dunha imposición soviética, senón dunha auténtica quebra da orde económica, política e social.
Peza fundamental do equilibrio europeo, Iugoslavia enfrontouse ao iniciarse a década dos noventa a un futuro difícil, ante a repunta das nacionalidades disolventes e a perda de apoio social do comunismo.