Ernesto GuevaraO seu nome legal era "Ernesto Guevara". Así figura na Acta de nacemento, documento legal que establece o nome das persoas. Como datos adicionais tamén figura co nome de Ernesto Guevara na documentación universitaria (ver) e (ver), no seu título de médico (ver) e no seu certificado de estudos secundarios (ver) . O nome "Ernesto Guevara de la Serna", empregado nalgunhas biografías, non é o seu nome legal. O equívoco adoita chegar do feito de que na meirande parte dos países latinoamericanos (mais non na Arxentina) o nome legal fórmase co apelido do pai e da nai., coñecido como Che Guevara ou el Che, nado en Rosario (provincia de Santa Fe, Arxentina) o 14 de xuñoA data de nacemento que figura na súa Acta de Nacemento é 14 de xuño de 1928. Julia Constenla, historiadora e amiga persoal da nai de Ernesto Guevara, Celia de la Serna, revelou que precisamente que na época do nacemento del, a súa nai Celia, tivo que adiantar a data nun mes porque ela casara embarazada, e a verdadeira data de nacemento do seu fillo foi o 14 de maio, e que a partida de nacemento foi falsificada a un mes máis tarde para evitar o escándalo. Entrevista a Julia Constenla realizado por Luciana Peker, Páxina/12, 3 de marzo de 2005 O biógrafo Jon Lee Anderson acepta como correcta esta versión. Anderson, Jon Lee (1997), Che Guevara: una vida revolucionaria, Barcelona: Anagrama, páx. 17. de 1928 e finado en La Higuera (Bolivia) o 9 de outubro de 1967, foi un médico, político e revolucionario ademais dun dos líderes da guerrilla na Revolución Cubana, e logo participou nos primeiros anos do novo réxime, en particular sendo ministro de industria.

En 1965, logo de denunciar a explotación do terceiro mundo polos dous bloques da guerra fría, desaparece da vida política de Cuba coa intención de espallar a revolución. En primeiro lugar na República do Congo, sen éxito, logo en Bolivia onde foi capturado e executado de forma clandestina polo Exército Boliviano coa colaboración da CIA estadounidenseLa CIA apretó el gatillo, Amauri del Valle ..

Trala súa morte converteuse nun símbolo de alcance mundial, para os seus seguidores simboliza a loita contra as inxustizas sociais ou de rebeldía e espírito incorruptible, mentres que é definido polos seus detractores coma un asasino e criminal, acusándoo ademais dunha mala xestión como ministro de Industria.

Traxectoria A familia 250px|miniatura|dereita|Acta de nacemento de Ernesto Guevara. Ernesto Guevara foi o maior dos cinco fillos de Ernesto Guevara Lynch e Celia de la Serna. Ambos pertencían a coñecidas familias aristocráticas de clase alta. Un dos antepasados de Guevara foi un vicerrei da Nueva España, Pedro de Castro y Figueroa, que só gobernou un ano e cinco días alá polo medio do século XVIII, este tivo un fillo chamado Joaquín, que secuestrou a súa futura esposa na Luisiana e cuxos sucesores viviron a febre do ouro en San Francisco, acabando por instalarse no século XIX na Arxentina. Pola rama dos Lynch, atópanse emigrantes irlandeses como outras tantas emigracións que se instalaban na Arxentina dende o principio do século XVIII.

O pai, Ernesto Guevara Lynch (1901-1987), tiña unha vida tranquila grazas ás rendas que obtiña da herdanza recibida dos seus pais. En 1987 escribiu un libro co título Mi hijo el Che.

A nai, Celia de la Serna (1906-1965), católica entusiasta reconvertida ó liberalismo, conserva do seu catolicismo inicial a forza das súas paixóns. Unha das súas curmás lembraría máis tarde:

Pertencía a unha tradicional familia aristocráticaÁrbore xenealóxica da familia De la Serna.. O seu pai suicidouse cando tiña dous anos e a súa nai finou cando tiña quinceErnesto "Che" Guevera. Primeros años, William Gálvez, La Jiribilla.. Quedou entón ó coidado da súa irmá Carmen e unha tía.

No momento das peticións de man, Celia é menor, e racha coa súa familia, instálase na casa dunha tía para casar a continuación con Ernesto o día 10 de decembro de 1927, cando Celia se atopaba embarazada de tres meses. Forman unha parella de mozos cultivados, levando unha vida un tanto bohemia, herdeiros dunha oligarquía que lles parecía pasiva e indecisa, os esposos Guevara-De la Serna íanlles transmitir ós seus cativos o espírito de aventura, a paixón das letras, que Ernesto faría algúns anos máis tarde as bandeiras da súa vida.

En 1948 deixáronse, aínda que seguiron vivindo baixo o mesmo teito. No total tiveron cinco fillos: Ernesto (1928-1967), Celia (n. 1929), Roberto (n. 1932), Ana María (1934- 1988) e Juan Martín (n. 1943).

Unha característica dos pais de Ernesto que influíu considerablemente na súa infancia e mocidade foron as constantes mudanzas e traslados. Até abandonar definitivamente a Arxentina, tiveron cando menos 12 enderezos, en Buenos Aires, Caraguatay, San Isidro, Alta Gracia e Córdoba capital.

Residencias da familia Guevara Lynch-De la Serna entre 1928 e 1953Avalos, Elisa y Gudiño, Mercedes (2006) Huellas del Che Guevara en Córdoba, Universidad de Córdoba.:

Entre Ríos 480 (Rosario) Santa Fe y Guise (Palermo, Buenos Aires) Caraguatay (Provincia de Misiones) (Museo) Rúa Alem (provincia de Buenos Aires) Bustamante y Peña (Recoleta, Buenos Aires) Plaza Hotel, fronte á praza San Martín (Córdoba Capital) Hotel "La Gruta", (Alta Gracia, Córdoba) Villa Chichita (Alta Gracia, Córdoba) Villa Nydia (Alta Gracia, Córdoba) (Museo) Chile 288, (Córdoba Capital) Arenales y Uriburu (Recoleta, Buenos Aires) Araoz 2180 (Palermo, Buenos Aires).

Nacemento, infancia e mocidade Nacemento dereita|200px|miniatura|Entre Ríos 480 (Rosario). Primeiro fogar por poucos días de Ernesto Guevara. Tería nacido un mes antes. En xuño 1928 Guevara pai e Celia descendían o río Paraná en barco, para unha viaxe de negocios que debía permitirlles ver nacer o primeiro dos seus nenos en Buenos Aires, pero as dores de parto presentáronse prematuramente á altura da cidade de Rosario. Ernesto nacerá pois o 14 de xuño na maternidade do Hospital Centenario, anexo da Facultade de Medicina.

Nace pois o mesmo día que Antonio Maceo, o mesmo día que José Carlos Mariâtegui, o máis heterodoxo dos revolucionarios cubanos do final do século XIX, e do máis herético dos marxistas latinoamericanos do século XX.

O cativo foi inscrito ó día seguinte co nome de Ernesto Guevara. Despois de que a nai recibira a alta, instaláronse por uns días nun apartamento situado na rúa Entre Ríos 480 até que a nai e o neno estiveron en condicións de viaxar a Buenos Aires.

A primeira fotografía coñecida do pequeno Ernesto móstrao vestido cun abrigo, no parque de Rosario. Pouco tempo despois debía coñecer a súa primeira enfermidade, unha forte broncopneumonía que estaría a pouco de matalo. As súas tías Beatriz e Ercilia virán de Buenos Aires para axudar á súa nova nai a ocuparse del.

Contrariando a versión xeral, o biógrafo Jon Lee Anderson sostén que a acta de nacemento é falsa e que Ernesto Guevara naceu o 14 de maio de 1928, exactamente un mes antes. A razón sería a intención dos pais de ocultar que a nai xa se atopaba embarazada no momento de casar, feito do que hai certeza porque foi recoñecido polo pai. Por ese motivo os Guevara afastáronse de Buenos Aires durante o embarazo e logo intencionalmente dirixíronse a Rosario, onde un médico amigo aceptou crear o certificado de nacementoAnderson, Jon Lee (1997), Che Guevara. Una vida revolucionaria. Barcelona: Anagrama, pax. 17..

A versión de Anderson é crible e foille relatada pola tamén biógrafa de Guevara, Julia Constenla, a quen Celia de la Serna contoulle persoalmente a verdadeira data de nacemento do seu fillo e as circunstancias do seu embarazo prematrimonialEntrevista a Julia Constenla realizado por Luciana Peker, Páxina/12, 3 de marzo de 2005..

miniatura|esquerda|Ernesto Guevara na súa infancia Primeiros anos: entre Caraguatay e Buenos Aires Os primeiros anos de Ernesto transcorreron entre as casas que os seus pais tiñan en Buenos Aires e Caraguatay, indo e vindo nos vapores do río Paraná. Dende un primeiro momento Ernesto recibiu dos seus pais o alcume de "Ernestito", para diferencialo do pai, e logo de "Teté", cos que lle chamarían indistintamente a súa familia e amigos da infancia.

En Buenos Aires instaláronse nas zonas típicas da clase alta. Ós dous anos de idade tivo o primeiro ataque de asma, enfermidade que padecería toda a súa vida e que levaría á familia a trasladarse a Córdoba.

En Caraguatay, os pais de Ernesto contrataron a unha coidadora de nenos para o seu fillo: Carmen Arias, galega de nacemento, que viviría coa familia até 1937 e que foi quen lle puxo o alcume de "Teté".

Debido á seriedade e persistencia da asma que lle afectaba, a familia procurou buscar un lugar cun clima máis apto. Seguindo as recomendacións dos médicos, decidiron mudarse á provincia de Córdoba, un destino clásico daquela época para as persoas con afeccións respiratorias debido ás súas condicións climáticas e maior altitude. Logo de pasar un tempo na mesma cidade de Córdoba, capital da provincia, os Guevara Lynch instaláronse en Alta Gracia.

Alta Gracia, Córdoba. Infancia e mocidade miniatura|200px|Casa de Guevara en Alta Gracia. Ernesto Guevara viviu 17 anos en Córdoba, dende 1930 até comezos de 1947, abranguendo gran parte da súa infancia e toda a mocidade. El mesmo considerábase cordobésDiscurso sobre Reforma universitaria y revolución, pronunciado o 17 de outubro de 1959 (consultar). . En Alta Gracia cursou a escola primaria e na cidade de Córdoba a secundaria. Tamén alí tivo as súas primeiras experiencias sexuais e formou o seu grupo de amigos, cos que máis adiante compartiría as súas primeiras preocupacións sociais e as súas viaxes por América Latina. Pouco antes de volver a Buenos Aires, viviu tamén uns meses en Villa María.

A familia tivo varios domicilios en Alta Gracia, mais o principal deles foi Villa Nydia, na zona de Villa Carlos Pellegrini, onde actualmente funciona o Museo Ernesto Che Guevara.

Ernesto cursou os seus estudos primarios nas escolas públicas San Martín e Santiago de Liniers entre 1937 e 1941. Os seus estudos secundarios realizounos entre 1942 e 1946 no Colexio Nacional Dean Funes, situado na cidade de Córdoba, onde a familia terminou mudándose en 1943.

A asma determinou en grande medida as características da infancia de Ernesto Guevara. Os ataques eran constantes e dunha severidade tal que o levaban até quedar tirado días enteiros. Limitou as súas posibilidades de ir á escola, á que recentemente ingresou en 1937 cando tiña oito anos comezando en segundo grao (saltando primeiro inferior e superior). Restrinxiu as súas posibilidades de facer deporte, actividade que lle apaixonaba e que igualmente practicou. Para combater a asma estaba suxeito a constantes dietas e tratamentos médicos. Doutra banda a súa enfermidade fíxoo un extraordinario lector, un grande afeccionado ó xadrez e xerou nel un forte espírito de disciplina e autocontrol.

Na súa primeira adolescencia Ernesto tivo preferencia polos libros de aventuras, como as loitas de Sandokán, de Emilio Salgari e, sobre todo, as viaxes extraordinarias de Jules Verne, entre eles Cinco semanas en globo, Viaxe ó centro da Terra, De la Terre à la Lune (Da Terra á Lúa), Vinte mil leguas baixo dos mares. Anos despois, estando xa en Cuba pediría que lle enviasen os seus tres tomos encadernados en coiro das obras completas de VerneAnderson, 57..

miniatura|dereita|200px|Ernesto Guevara de vacacións en Mar del Plata (ca. 1943, 15 anos).