Victoriano "Vituco" Urgorri Carrasco, nado na Cabana (Ferrol) o 23 de xaneiro de 1951, é un científico galego, licenciado e doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de zooloxía mariña nesta mesma Universidade.

Participou en 19 expedicións científicas en Irlanda, Ceuta, Antártida, Portugal, Concas Abisais do Cabo, Angola e Guinea e fondos profundos de Galicia. É autor de diversas publicacións entre as que pode destacar 6 libros e 119 artigos en revistas científicas nacionais e internacionais.

Traxectoria Licenciado en Ciencias (Sección de Biolóxicas) en xullo de 1974 pola Universidade de Santiago de Compostela, graduándose en outubro do mesmo ano e doutorándose en xuño de 1981 tamén na USC. É catedrático de zooloxía mariña no departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Pertence a varias sociedades científicas, como a Real Sociedad Española de Historia Natural, Sociedad Española de Malacología, Area de Ciencias Biolóxicas do Seminario de Estudos Galegos, Malacological Society of London, Societá Malacologica Italiana, California Malacozoological Society e Unitas Malacologica.

miniatura|Estación de Bioloxía Mariña da Graña (Ferrol).Tivo diversos cargos relacionados coa universidade de Santiago de Compostela como: subdirector/vicedirector do Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" da Universidade de Santiago de Compostela, desde 1982; director da Estación de Bioloxía Mariña da Graña (Ferrol) da Universidade de Santiago de Compostela, desde 2001 ata 2021; desde 2005 foi coordinador do Grupo de Investigación GI-2107 Oceanografía e Limnoloxía da Universidade de Santiago de Compostela; dende 2011 foi membro do Equipo de Goberno do Campus do Mar, en representación da Universidade de Santiago de Compostela e Director da Unidade de Biodiversidade e Recursos Mariños do Instituto de Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela.

Tamén tivo varios cargos dependentes da Xunta de Galicia como a presidencia da Comisión Técnica do buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa. Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia, desde 2007 e tamén foi membro en representación da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, na Comisión de Coordinación e Seguimento das Actividades dos Buques Oceanográficos (COCSABO), desde 2007 ata 2010.

Dende 2021, é profesor Emérito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Actividade docente Profesor de Zooloxía Mariña na Licenciatura de Bioloxía na Facultade de Bioloxía Profesor de Biodiversidade de Animais Mariños no máster Biodiversidade e Conservación do Medio Natural Profesor de Biodiversidade de Fondos Mariños: O bentos profundo no máster Biodiversidade e Conservación do Medio Natural Profesor de Biodiversidade Animal no máster Medio Ambiente e Recursos Naturais

Publicacións

Trigo, J.E.; Díaz Agras, G.J.; García Álvarez, O.L.; Guerra, A.; Moreira, J.; Pérez, J.; Rolán, E.; Troncoso, J.S. & Urgorri, V. (2018). Troncoso, J.S., Trigo, J.E. & Rolán, E., ed. Guía de los Moluscos Marinos de Galicia. Vigo: Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo. 836 pp. ISBN 978-84-8158-787-6. 20 capítulos ou fascículos en obras colectivas:

Urgorri, V. [et alii] (2021): "Doris adrianae sp. nov. (Heterobranchia; Nudibranchia; Doridina) de las costas de Galicia (NW Península Iberica)". Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía). 28: 1-33. 30 máis entre limiares, presentacións, publicacións audiovisuais e artigos de divulgación. 119 artigos en revistas científicas nacionais e internacionais.

Especies descritas Doris adrianae (2021) Mycale (Aegogropila) antiae (2019)https://www.biotaxa.org/Zootaxa/article/view/zootaxa.4550.2.1 Nebalia reboredae (2009) Laevipilina cachuchensis (2005) Leptochiton compostellanum (1999) Pseudovermis artabrensis (1991) Onchidoris cerviñoi (1979) Doto lemchei (1978) Doto oblicua (1978) Doto verdicioi (1978)

Honras e distincións En 2001 recibiu a distinción de Ferrolán do Ano do Concello de Ferrol.http://www.usc.es/estaticos/xornal-historico/portada3d92.html?p=5678 En 2008 recibiu o premio á Investigación durante o IV Certame de Premios Galicia Submarina. En 2009 recibiu a distinción de Veciño de Honra da Vila da Graña, Ferrol. En 2019 recibiu o premio do I Caballito de Plomo do Club do Mar, Ferrol.

Especies nomeadas na súa honra Ata o de agora un total de once especies e un xénero foron denominados na súa honra: En 1980, González & Malicky denominaron unha especie de Tricópteros como Hydropsyche urgorrii.González, M. A. (1988). Inventario dos Tricópteros de Galicia (Insecta: Trichoptera). - Cad. Área Cienc. Biol.(Inventarios), Sem. Est. Gall., II Ocastro-Sada, A Coruña: Ed. do Castro. 45 pp. En 1994, Vázquez denominou unha especie de Ascidia como Aplidium urgorrii.Vazquez, E. (1994). A new species of the genus Aplidium Savigny, 1816 (Ascidiacea, Polyclinidae) from the Spanish Atlantic coast. Sarsia. 79: 53-57. En 2001, García-Álvarez & Salvini-Plawen denominaron un xénero de Solenogastro como Urgorria.García-Álvarez, Óscar; v. Salvini-Plawen, Luitfried (2007). "Species and diagnosis of the Families and Genera of Solenogastres (Mollusca)". Iberus. 25 (2): 73–143. En 2001, García-Álvarez & Salvini-Plawen denominaron unha especie deste xénero como Urgorria compostelana.García-Alvarez O. & Salvini-Plawen L. v. (2001). Urgorria compostelana gen. et sp. nov. (Mollusca, Solenogastres, Rhopalomeniidae), an new species from off Galicia, Northwest of Spain. Sarsia 86(3): 183-189 En 2003, Salvini-Plawen denominou unha especie deste xénero como Urgorria monoplicata.Salvini-Plawen, L. von, 2003. Contributions to WestMediterranean Solenogastres (Mollusca) with three new species. Iberus, 21(2): 37-60. En 2002, Cristobo denominou unha especie de esponxa como Tedania (Tedania) urgorrii.Cristobo F.J. (2002) The Genus Tedania (Porifera, Demospongiae, Poecilosclerida) in the Waters of the Iberian Peninsula (Northeast Atlantic) with a Description of Two New Species., Sarsia 87(5): 362-377.Van Soest, R.W.M.; Boury-Esnault, N.; Hooper, J.N.A.; Rützler, K.; de Voogd, N.J.; Alvarez, B.; Hajdu, E.; Pisera, A.B.; Manconi, R.; Schönberg, C.; Klautau, M.; Picton, B.; Kelly, M.; Vacelet, J.; Dohrmann, M.; Díaz, M.-C.; Cárdenas, P.; Carballo, J.L.; Ríos, P.; Downey, R. (2019). World Porifera Database. Tedania (Tedania) urgorrii Cristobo, 2002. Accessed through: World Register of Marine Species at: http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=169591 on 2019-04-22 En 2003, Moreira, Gestoso & Troncoso denominaron unha especie de Malacostráceos como Sarsinebalia urgorrii.Moreira, J., Gestoso, L. y Troncoso, J. S., 2003. Two new species of Sarsinebalia (Crustacea, Leptostraca) from the Northeast Atlantic, with comments on the genus. Sarsia, 88(3): 189-209. En 2007, Moreira & Parapar denominaron unha especie de Poliquetos como Synelmis urgorrii.Moreira, J.; Parapar, J. (2007). A new species of Synelmis (Annelida: Polychaeta: Pilargidae) from the continental slope off Galicia (north-western Iberian Peninsula). Journal of the Marine Biological Association of the UK. 87(05): 1117-1120. En 2010, Peñas & Rolán denominaron unha especie de Gasterópodos como Turbonilla urgorrii.Peñas A.; Rolán E. (2010). Deep water Pyramidelloidea of the tropical South Pacific: Turbonilla and related genera. In: Gofas S. (ed.) Tropical Deep Sea Benthos 26. Mémoires du Muséum National d'Histoire Naturelle. 200: 1-436.MolluscaBase (2019). MolluscaBase. Turbonilla urgorrii Peñas & Rolán, 2010. Accessed through: World Register of Marine Species at: http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=475483 on 2019-04-22 En 2015, Zamarro & García-Álvarez denominaron unha especie de Solenogastro como Kruppomenia vitucoi.Zamarro, M.; García-Álvarez, Ó.; Urgorri, V. (2015). On the biodiversity of the family Simrothiellidae (Mollusca, Solenogastres) in the upper-slope of the NW Iberian Peninsula with the description of three new species. Marine Biodiversity. 46: 655-680. En 2016, Señarís & García-Álvarez denominaron unha especie de Caudofoveados como Falcidens urgorrii.Perez Señarís M., García-Álvarez Ó. & Urgorri V. (2016). Four new species of Chaetodermatidae (Mollusca, Caudofoveata) from bathyal bottoms of the NW Iberian Peninsula. Helgoland Marine Research. DOI 10.1186/s10152-016-0475-6. En 2017, Tato & Moreira denominaron unha especie de Crustáceos como Pareurystheus vitucoi.Tato, R.; Moreira, J. (2017). Two new species of the Suborder Senticaudata (Crustacea: Amphipoda) from the upper continental slope off Galicia (NW Iberian Peninsula). Zootaxa. 4300(2): 217. En 2018, Guerra-García, Tato & Moreira denominaron unha especie de Crustáceos como Liropus vitucoi.Guerra-García, J. M.; Tato, R.; Moreira, J. (2018). Caprellidae (Crustacea: Peracarida: Amphipoda) from deep-sea waters off Galicia (NW Iberian Peninsula) with the description of a new genus and three new species. Zootaxa. 4532(2): 151-202.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na USC Ficha no Portal de Investigación da USC Ficha en UVigo Asociacion dos Ensinantes de Ciencias de Galicia A comunidade científica galega que investigou as consecuencias do Prestige

Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Zoólogos de Galicia Categoría:Oceanógrafos de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1951 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Malacólogos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes