Lance Stephenson, Jr., nado o 5 de setembro de 1990 en Brooklyn, Nova York, é un xogador profesional americano de baloncesto que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria deportiva NBA Stephenson foi elixido na 40ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Indiana Pacers. O 22 de xullo de 2010, asinou un contrato por varios anos cos Pacers.Pacers Sign Stephenson O 27 de febreiro de 2011, Stephenson fixo o seu debut nos Pacers nun partido contra os Phoenix Suns. Xogou catro minutos, anotou dous puntos, deu dúas asistencias, capturou un rebote e perdeu un balón.
O 18 de xullo de 2014, Stephenson asinou cos Charlotte Hornets un contrato de tres anos e 27 millóns de dólares. Fixo o seu debut cos Hornets o 29 de outubro de 2014, no primeiro partido da tempada, na vitoria do seu equipo na prórroga por 108-106 contra os Milwaukee Bucks. En 40 minutos de xogo, fixo 7 puntos, 13 rebotes e 8 asistencias.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks