miniatura|Sinatura de Georges Bataille. Georges Bataille, nado en Billom (Puy-de-Dôme) o 10 de setembro de 1897 e finado en París o 9 de xullo de 1962, foi un escritor francés.
Traxectoria A súa familia estableceuse en Champagne en 1901, o que lle permitiu comezar os seus estudos en Reims e despois en Epernay.
Bataille quería ser sacerdote e asistiu a un seminario católico, pero abandonou a fe cristiá en 1922. En moitas ocasións fala dos bordeis de París como as súas auténticas igrexas. Despois traballou como bibliotecario, o que lle deu certa liberdade para non tratar as súas ideas como traballo.
Fundador de numerosas publicacións e grupos de escritores, foi autor dunha obra abundante e diversa: lecturas, poemas, ensaios sobre numerosos temas (sobre o misticismo da economía, poesía, filosofía, as artes, o erotismo). Algunhas veces publicou con pseudónimos, e algúns dos seus textos foron censurados.
Foi membro, xunto a Roger Caillois e outros, do influente Colexio de Socioloxía de Francia entre a Primeira e Segunda guerras mundiais. As súas influencias principais foron Hegel, Freud, Marx, Marcel Mauss, o Marqués de Sade e Friedrich Nietzsche. A Nietzsche defendeuno nun coñecido ensaio contra a súa apropiación polos nazis.
Fascinado polo sacrificio humano, fundou unha sociedade secreta, Acéphale (sen cabeza), cuxo símbolo era un home decapitado, co obxectivo de poñer en marcha unha nova relixión, e planeaba sacrificar a un dos seus membros como inauguración, creando un lazo imborrabel de complicidade. Aínda que varias persoas se manifestaron dispostas a deixarse matar, ninguén estivo disposto a cometer o asasinato. Bataille ofreceu a tarefa a Roger Caillois, pero este negouse.
Tiña un gran talento interdisciplinario, e usou diversas influencias e diversos modos de discurso para crear a súa obra. A súa novela Histoire de l'œil, publicada baixo o pseudónimo de Lord Auch (literalmente, Lord "á merda"), foi inicialmente lida como pura pornografía, pero a interpretación da obra madurou co tempo ata revelar a súa considerable profundidade emocional e filosófica, características doutros escritores categorizados dentro da "literatura da transgresión". As imaxes da novela están construídas sobre unha serie de metáforas que fan referencia a conceptos filosóficos desenvolvidos no seu traballo: o ollo, o ovo, o sol, a terra, o testículo.
Tivo un gran papel nas revistas: Documents, (1929-1931); Acéphale, (1936-1939); Critique, fundada por el en 1946.
Foi relativamente ignorado na súa época, e desdeñado por contemporáneos como Jean-Paul Sartre polo seu apoio ao misticismo, pero despois da súa morte influíu a filósofos postestruturalistas como Michel Foucault e Jacques Derrida, e escritores como Philippe Sollers, todos eles afiliados á publicación Tel Quel. Tamén influíu no traballo de filósofos anglosaxóns como Crispin Sartwell.
Obras Les Monnaies des grands Mogols, París, J. Florange éditeur, s. d. (1927). Histoire de l'œil, 1928 (co pseudónimo de Lord Auch). L'Anus solaireVer http://classiques-litterature-erotique.blogspot.com/2011/01/lanus-solaire-georges-bataille.html., 1931. Sacrifices, (aano descoñecido, entre 1922 e 1940) Madame Edwarda, 1941 (datado en 1937, co pseudónimo de Pierre Angélique). L'Expérience intérieure, 1943. Le Petit (co pseudónimo de Louis Trente), 1943. Le Coupable, 1944. DirtyPublicado en Le Bleu du ciel., coll. L'âge d'or, Fontaine, 1945. La Part maudite, 1949. L'Abbé C., 1950. La Peinture préhistorique. Lascaux, ou la Naissance de l'art, 1955. Le Bleu du ciel, 1957 (escrito en 1935). L'Érotisme, 1957. La littérature et le mal, 1957. Les Larmes d'ÉrosOnde é invocado o suplicio do lingchi ou "cen cachos"; as informacións sobre a orixe das fotografías e o grao de autenticidade da súa interpretación son dudosas Bataille et le supplicié chinois : erreurs sur la personne , 1961. L'Impossible, 1962 (primeira publicación en 1947 co título La haine de la poésie) Ma mère, 1966 (póstuma et inacabada). Le Mort, Jean-Jacques Pauvert Éditeur, 1967 Théorie de la religion, Texto fixado e presentado por Thadée Klossowski, Tel Gallimard, 1973. Œuvres complètes. París, Gallimard, XII volumes, 1970-1988. Romans et récits. Prefacio de Denis Hollier. Publicado baixo a direcciónn de Jean-François Louette. Gallimard, "Bibliothèque de la Pléiade", 2004. L'Archangélique et autres poèmes. Gallimard, NRF/Poésies, 2008. Le Souverain, Fata Morgana, 2010.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Pascal Louvrier, Georges Bataille, la fascination du mal, París, Du Rocher, 2008 Bernd Mattheus, Georges Bataille. Eine Thanatographie (3 vol.), Matthes & Seitz Verlag, Múnic, 1984-1995 Michel Surya, Georges Bataille, la mort à l'œuvre, París, Séguier/Gallimard, 1987/1992 Georges Didi-Huberman, La ressemblance informe, ou le gai savoir visuel selon Georges Bataille, París, Minuit, 1995
Ligazóns externas Sobre Nietzsche. Voluntad de suerte, en castelán Artigo na revista Laylah La orgía ritual (De "El Erotismo") Sobre "Mi Madre" Las lágrimas de Eros , en castelán
Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Filósofos de Francia Categoría:Antropólogos de Francia Categoría:Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia Categoría:Nados no departamento de Puy-de-Dôme Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Bibliotecarios