Ven Te Chow, nado en Hangchow o 14 de agosto de 1914 e finado o 30 de xullo de 1981, foi un profesor no departamento de Enxeñaría Civil da Universidade de Illinois en Urbana-Champaign desde 1951 a 1981.

Adquiriu sona internacional nos ámbitos da hidroloxía e hidráulica. Graduouse en enxeñaría civil en 1940 en Chaio Tung University en Shanghai (China), pasou varios anos en China ensinando. En 1948 foi para a Universidade Estatal de Pensilvania (Estados Unidos) onde obtivo un máster e en 1950 doutorouse na Universidade de Illinois .

Obtivo catro doutorados honorarios, e outros premios e honores, incluíndo o de membro da Academia Nacional de Enxeñaría.

Foi fundador da Asociación Internacional de Recursos Hídricos, que foi o principal fundador e primeiro presidente.

No Brasil, desempeñouse como consultor de hidroloxía para as obras da presa de Tucuruí.

Obras "Teoría das Estruturas" (en chinés) coa idade de 27 anos. Open Channel Hydraulics (1959) Handbook of Applied Hydrology (1964), como Editor Xefe. Chow, V. T. ; Maidment, D. R.; Mays, L. W. (1988), Applied Hydrology'', McGraw-Hill International editions.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio oficial da NAE (National Academy of Engineering) (en inglés)

Categoría:Enxeñeiros dos Estados Unidos de América Categoría:Dinámicos de fluídos Categoría:Profesores da Universidade de Illinois Urbana-Champaign Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Pensilvania Categoría:Alumnos da Universidade Chaio Tung