Jacque Vaughn, nado nos Ánxeles (California) o 11 de febreiro de 1975, é un ex xogador americano de baloncesto profesional, e actual adestrador dos Orlando Magic da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria Vaughn foi elixido na 27ª posición do Draft da NBA de 1997 polos Utah Jazz. Ademais de xogar catro tempadas en Utah, xogou para os Orlando Magic, Atlanta Hawks (en dúas etapas diferentes), New Jersey Nets, e San Antonio Spurs. Xogou en 64 partidos para os Spurs na tempada 2006-07, onde se proclamou campión da NBA, e rematou a súa carreira profesional, na tempada 2008-09. Durante a súa carreira, fixo 4.5 puntos e repartiu 2.5 asistencias por partido. Tras 12 tempadas coma xogador na NBA, Vaughn volveu aos San Antonio Spurs en setembro de 2010 coma adestrador asistente.
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Adestradores dos Orlando Magic Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1975