A noradrenalina CHEBI Noradrenaline ou norepinefrina PubChem compound NorepinephrineChemSpider Norepinephrine é unha catecolamina con múltiples funcións fisiolóxicas e homeostáticas, que pode actuar como hormona e como neurotransmisor. As áreas do corpo que producen ou se ven afectadas pola noradrenalina denomínanse noradrenérxicas.

A noradrenalina sintetízase a partir da dopamina polo encima dopamina beta-hidroxilase. Link redirected to commercial site! Libéraa á circulación sanguínea a medula suprarrenal como hormona, e tamén é un neurotransmisor no sistema nervioso central e sistema nervioso simpático, onde é liberada por neuronas noradrenérxicas do locus coeruleus. A noradrenalina exerce as súas accións uníndose aos receptores adrenérxicos. A partir da noradrenalina sintetízase a adrenalina.

Nomenclatura Os termos noradrenalina (do latín nor + ad + renal) e norepinefrina (do grego nor + epi + nephros) son intercambiables e co mesmo significado etimolóxico (nor + enriba dos riles). Nor é un prefixo químico Diccionario Galego de Termos Médicos . Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. 2002. Nor pode significar dúas cousas en química (aquí aplícase a 2ª): 1. Composto de estrutura normal (que posúe unha cadea non modificada de átomos de carbono) isómera doutro (que posúe unha cadea ramificada), por exemplo leucina e norleucina. 2. Non radical, composto que ten unha cadea cun radical metileno (CH2) menos ca a do seu homólogo, por exemplo adrenalina e noradrenalina..

Noradrenalina é o nome máis usado na maior parte do mundo e popularmente, polo que foi o elixido para o título deste artigo e o que principalmente se utilizará aquí, pero as autoridades médicas promoveron o termo norepinefrina como nomenclatura favorecida nalgúns países, e o termo é o máis usado nos Estados Unidos e aparece en moitos libros e publicacións científicas.

A historia do nome da noradrenalina ten que ver coa do nome da adrenalina, que se descubriu primeiro. No século XIX O. Schäffer e despois J. J. Abel xa traballaran con extractos das glándulas adrenais. Abel extraeu deses extractos un benzoíl derivado ao que chamou epinefrina (pero non é a mesma substancia hoxe chamada así). En 1901 o xaponés J. Takamine foi o primeiro en extraer con éxito o verdadeiro principio activo das glándulas adrenais e denominouno adrenalina. O termo Adrenalin foi patentado nos Estados Unidos de América como marca comercial (patente xa expirada).Goldstein DS. Adrenaline and the Inner World. The Johns Hopkins University Press, 2006. 328pp. Nos Estados Unidos de América os nomes aprobados na USAN (United States Approved Name) son epinefrina e norepinefrina e tamén son eses os aprobados como INN (International Non-proprietary Name), porque adrenalina sería moi parecido á marca rexistrada Adrenalin. Pero en Europa prefírese adrenalina e noradrenalina, e eses son os nomes aprobados, por exemplo, na EP (European Pharmacopoeia) e no BAN (British Approved Name) e os máis usados no mundo fóra dos Estados Unidos.Aronson, J.K. 2000. Where name and image meet: The argument for adrenaline. British Medical Journal 320: 506-9. Retrieved December 17, 2007. De todos modos, os adxectivos utilizados en relación con esas substancias en todo mundo son adrenérxico e noradrenérxico.

Funcións Unha das funcións máis importantes da noradrenalina é a de funcionar como neurotransmisor. Liberan noradrenalina as neuronas simpáticas afectando ao corazón. Un incremento nos niveis de noradrenalina no sistema nervioso simpático incrementa a frecuencia cardíaca.

Como hormona do estrés, a noradrenalina afecta a partes do cerebro, como a amígdala cerebral, onde se controlan a atención e as respostas.Tanaka M, et al. (2000). Noradrenaline systems in the hypothalamus, amygdala and locus coeruleus are involved in the provocation of anxiety: basic studies. doi:10.1016/S0014-2999(00)00569-0 Xunto coa adrenalina (epinefrina), a noradrenalina (norepinefrina) tamén está implicada na resposta de loita ou fuxida, incrementando directamente a frecuencia cardíaca, desencadeando a liberación de glicosa das reservas de enerxía, e incrementando o fluxo sanguíneo cara ao músculo esquelético. Incrementa a subministración de osíxeno ao cerebro.The Hormone Foundation. "The Endocrine System & Types of Hormones." A noradrenalina tamén pode suprimir a neuroinflamación cando se libera difusamente no cerebro desde o locus coeruleus.Heneka MT, Nadrigny F, Regen T, Martinez-Hernandez A, Dumitrescu-Ozimek L, Terwel D, Jardanhazi-Kurutz D, Walter J, Kirchhoff F, Hanisch UK, Kummer MP. (2010). Locus ceruleus controls Alzheimer's disease pathology by modulating microglial functions through norepinephrine. Proc Natl Acad Sci U S A. 17:6058–6063 .doi|10.1073/pnas.0909586107. PMID 20231476

Cando a noradrenalina actúa como fármaco, incrementa a presión sanguínea ao aumentar o ton vascular (tensión dos músculos lisos dos vasos) a través da activación do receptor adrenérxico-α. O aumento da presión sanguínea causa o reflexo barorreceptor, que orixina bradicardia reflexa, pero outro reflexo compensatorio evita a caída da frecuencia cardíaca.

Química A noradrenalina é unha catecolamina e unha fenetilamina. As fenietilaminas son aminas que teñen un grupo amino unido por unha cadea de dous carbonos a un anel aromático. O estereoisómero natural é a L-(−)-(R)-noradrenalina. No termo "noradrenalina" o prefixo químico nor- indica que a noradrenalina é o seguinte menor homólogo da adrenalina. As estruturas das dúas moléculas difiren só en que a adrenalina ten un grupo metilo unido ao seu nitróxeno, e na noradrenalina ese metilo é substituído por un átomo de hidróxeno. O prefixo nor- deriva probablemente dunha abreviación da palabra "normal", usada para indicar un composto desmetilado.

Produción A noradrenalina é liberada cando se activan unha serie de cambios fisiolóxicos por un evento estresante.

No cerebro, isto está causado en parte pola activación dunha área do tronco encefálico chamada locus coeruleus. Este núcleo é a orixe da maioría das vías da noradrenalina. As neuronas noradrenérxicas envían proxeccións bilateralmente (envían sinais a ambos os lados do cerebro) desde o locus ceruleus por distintas vías e a moitas partes, como ao córtex cerebral, sistema límbico, e medula espiñal, formando un sistema de neurotransmisores.

A noradrenalina tamén é liberada polas neuronas posganglionares do sistema nervioso simpático, para transmitir as respostas de loita ou fuxida en cada tecido.

A medula suprarrenal produce noradrenalina nas células cromafíns e libéraa no sangue.

Sistema da noradrenalina As neuronas noradrenérxicas do cerebro forman un sistema de neurotransmisores, que, cando é activado, exerce efectos sobre grandes áreas do cerebro, influíndo na alerta, excitación e no sistema de recompensas.

Anatomicamente, as neuronas noradrenérxicas orixínanse no locus coeruleus e no campo tegmental lateral. Os axóns das neuronas do locus coeruleus actúan sobre os receptores adrenérxicos situados en: Amígdala cerebral Circunvolución do cíngulo Hipocampo Hipotálamo Neocórtex Medula espiñal Corpo estriado Tálamo

Pola súa parte, os axóns das neuronas do campo tegmental lateral actúan sobre os receptores adrenérxicos do hipotálamo, por exemplo.

Esta estrutura explica algúns dos usos clínicos da noradrenalina, xa que unha modificación do sistema afecta a grandes áreas do cerebro.

Mecanismo A noradrenalina sintetízase a partir da tirosina, e é empaquetada en vesículas sinápticas. Leva a cabo a súa acción ao ser liberada nos espazos sinápticos, onde actúa sobre os receptores adrenérxicos, seguido polo sinal de terminación (véxase máis abaixo), xa sexa pola degradación da noradrenalina, ou pola súa captación polas células circundantes.

Biosíntese A noradrenalina é sintetizada seguindo unha ruta con tres pasos encimáticos na medula suprarrenal e polas neuronas postganglionares do sistema nervioso simpático a partir do aminoácido tirosina: A tirosina convértese en L-DOPA en reacción catalizada pola tirosina hidroxilase; despois a L-DOPA transfórmase en dopamina pola acción da L-DOPA carboxilase; e a dopamina orixina a noradrenalina pola acción da dopamina beta-hidroxilase. Posteriormente a noradrenalina podería dar lugar á adrenalina en reacción catalizada pola feniletanolamina N-metiltransferase. A noradrenalina e a adrenalina só se diferencian polo grupo metilo que ten esta última.

Transporte Vesicular miniatura|dereita|150 px|Síntese de catecolaminas. Entre a descarboxilación e a β-oxidación final, a noradrenalina é transportada en vesículas sinápticas. Isto é feito polo transportador vesicular de monoaminas (VMAT) da bicapa lipídica. Este transportador ten a mesma afinidade para a noradrenalina, adrenalina, e isoproterenol. Page 167

Liberación Para levar a cabo as súas funcións, a noradrenalina necesita ser liberada das vesículas sinápticas. Hai moitas substancias que modulan esta liberación; algunhas inhiben e outras estimulan a liberación.

Por exemplo, hai receptores adrenérxicos α2 presinápticos inhibitorios, que exercen unha retroalimentación negativa sobre a liberación por modulación homotrópica.

Unión ao receptor

A noradrenalina realiza a súa acción sobre as células diana ao unirse e activar receptores adrenérxicos. A expresión na célula diana de distintos tipos de receptores determina o efecto celular, e, por tanto, a noradrenalina ten distintas accións en distintos tipos de células.

Terminación O sinal de terminación é o resultado da recaptación e degradación da substancia.

Captación A captación extracelular de noradrenalina cara ao citosol faise presinapticamente (captación 1) ou por células non neuronais próximas (captación 2). Ademais, hai un mecanismo de captación vesicular desde o citosol cara ás vesículas sinápticas.

+Comparación da captación de noradrenalina Captación TransportadorVmax (nmol/g/min)These values are from rat heart. Unless else specified in table, then ref is: Page 167KM EspecificidadeUnless else specified in table, then ref is: Page 167 Situación Outros substratos InhibidoresUnless else specified in boxes, then ref is: Captación 1 transportador vesicular de monoaminas 1,2 0,3 nnoradrenalina > adrenalina > isoproterenol presináptico metilnoradrenalina (desconxestivo nasal) tiramina guanetidina cocaína antidepresivos tricíclicos (por exemplo: desipramina) fenoxibenzamina anfetaminaCaptación 2 100 250 adrenalina > noradrenalina > isoproterenol membrana plasmática de células non neuronais dopamina 5-HT histamina normetanefrina hormonas esteroideas (por exemplo corticosterona) fenoxibenzamina Vesicular VMAT - ~0,2 noradrenalina > adrenalina > isoprenalina membrana da vesícula sináptica dopamina 5-HT guanetidina MPP+ reserpina tetrabenazina

Degradación miniatura|350px|Degradación da noradrenalina (norepinefrina). Os encimas móstranse en cadros.Figure 11-4 in: Nos mamíferos, a noradrenalina é rapidamente degradada orixinando varios metabolitos. Os principais metabolitos son:

Normetanefrina (por acción do encima catecol-O-metil transferase, COMT) Ácido 3,4-dihidroximandélico (pola monoamino oxidase A, MAOA) Ácido vanililmandélico (ácido 3-metoxi-4-hidroximandélico), tamén denominado vanilmandelato ou VMA (pola acción da MAO) 3-Metoxi-4-hidroxifenilglicol, "MHPG" ou "MOPEG" (pola MAO) Adrenalina (pola PNMT)"Endokrynologia Kliniczna" ISBN 83-200-0815-8, page 502

Nos tecidos periféricos, o VMA é o metabolito principal das catecolaminas, e excrétase non conxugado na urina. Un metabolito de menor importancia (aínda que é o metabolito principal no sistema nervioso central) é o MHPG, que é parcialmente conxugado con sulfato ou derivados de glicurónidos e é excretado na urina.Chapter 11 in:

Fontes nutricionais miniatura|dereita|Na imaxe o aminoácido tirosina a partir do cal se sintetiza a noradrenalina. A L-tirosina está presente nas proteínas de alimentos como carne, noces, e ovos, por exemplo.