Energy é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV, R e Euskatel. A súa programación está dirixida ó público masculino. Energy comezou as súas emisións en probas o 19 de decembro do 2011 cun bucle promocional; o día 27 de decembro, as emisións en probas e o 9 de xaneiro de 2012, a emisión oficial comeza coa gala de entrega do FIFA Balón de Ouro do 2011 dende Zürich en directo. O seu principal competido é a canle Mega.

Energy ten entre a súa programación Sons of Anarchy, Top Gear, Desafío Extremo, as repeticións de Deportes Cuatro, a Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 e o Mundial de motociclismo.

Audiencias Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS. Están en letra grosa e laranxa os meses en que foi líder de audiencia.

XaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembroMedia anual20120,7%**0,8%0,7%0,8%0,8%0,8%0,9%1,0%1,0%1,0%1,0%1,1%0,9%20131,2%1,2%1,1%1,3%1,3%1,2%1,3%1,6%*1,2%1,2%1,1%1,2%1,2%20141,2%

Notas

Categoría:Cadeas de televisión de España Categoría:Canles de Mediaset España