A magnitude que expresa o número de partículas presentes nas substancias é a magnitude básica de substancia. A súa unidade no SI e o mol.
Un mol é a cantidade de substancia que contén tantas entidades elementais (átomos, moléculas, electróns,...) como átomos hai en 0,012 kg de carbono 12. O número de átomos presentes en 12 g de carbono 12 é unha constante chamada constante de Avogadro, NA. Por isto, un mol é a cantidade de materia que contén un número de partículas igual a NA.
Non se poden contar os átomos ou as moléculas, pero existen métodos para determinar o número de partículas presentes nas substancias. Mediante estes métodos calculouse que o valor da constante de Avogadro é:
NA = 6,022045 · 1023 mol−1
A partir de agora, utilizarase como valor da constante de Avogadro NA = 6,022 · 1023 mol−1 para simplificar os cálculos.
Un mol é a cantidade de substancia que contén 6,022 · 1023 unidades. Así:
1 mol de moléculas contén: 6,022 · 1023 moléculas. 1 mol de átomos contén: 6,022 · 1023 átomos. 1 mol de electróns contén: 6,022 · 1023 electróns.
O mol refírese sempre a un número fixo de partículas, sexan átomos, ións... E incluso lapis e bolígrafos.
Para facerse unha idea, toda a Terra dividida en bólas duns 15 cm de diámetro daría un número de bólas igual á constante de Avogadro.
Categoría:Química Categoría:Unidades de medida