Petalas ou Petala (en grego: Πεταλάς) é a illa máis grande (5,4 km²) das illas Equínadas, entre o grupo das Illas Xónicas en Grecia. William Martin Leake conxeturou que Petalas podería ser a antiga Duliquio, da que a Ilíada conta que 40 barcos levantaron áncora a Troia, pero Estrabón e a maioría dos autores modernos prefiren a identificación de Duliquio con Makri, unha illa próxima. Petalas, de propiedade privada, ofreceuse recentemente á venda.

Véxase tamén Ligazóns externas Island of Petalas for sale Petalas on GTP Travel Pages Información de mapas de: Mapquest, LiveLocal or Google or Yahoo! Maps Imaxe de satélite: Google or Microsoft Virtual Earth - imaxe dispoñible

Categoría:Illas de Grecia