Tia Carrere, nada como Althea Rae Duhinio Janairo o 2 de xaneiro de 1967 en Honolulu, é unha actriz, modelo e cantante hawaiana.
Traxectoria O seu primeiro papel importante como actriz foi na telenovela estadounidense da ABC General Hospital. Porén é máis coñecida por interpretar o personaxe de Cassandra Wong nos filmes Wayne's World e Wayne's World 2. Tamén fixo de actriz de dobraxe no filme de animación Lilo & Stitch, no que fai a voz de Nani. Así mesmo, destaca o seu traballo en televisión con series como Duck Dodgers e Cazatesouros, nesta última facendo o papel protagonista de Sydney Fox.
Véxase tamén
Categoría:Actores de Hawai Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Honolulu, Hawai Categoría:Nados en 1967