A batalla de Iwo Jima, denominada en clave «Operación Detachment», é o nome que recibe un dos combates máis sanguentos da segunda guerra mundial, librado na illa de Iwo Jima entre as forzas do exército estadounidense e as do imperio do Xapón de febreiro a marzo de 1945, durante a guerra do Pacífico (1937-1945).
No final dos combates, os estadounidenses lograron conquistar a illa e controlar os seus importantes campos de aviación, aínda que, durante a cruenta batalla, atopáronse cunha resistencia extrema dos xaponeses, resistencia que supuxo a morte da maioría dos seus combatentes.
No cumio do monte Suribachi da illa, nos poucos días do inicio dos combates, o xornalista Joe Rosenthal tomou unha das imaxes máis difundidas da segunda guerra mundial, titulada Raising the Flag on Iwo Jima, galardoada co premio Pulitzer, na que se observa a varios soldados poñendo o mastro con que erixiron a bandeira estadounidense naquel lugar.
Antecedentes miniatura|esquerda|300px|Mustang P-51. A mediados do ano 1944 as tropas dos Estados Unidos progresaban cara á conquista das illas Marianas, situadas a uns 2 500 quilómetros de Toquio. Para aquelas, as superfortalezas B-29 superaran as probas de aptitude e estaban en condicións de percorrer 6 000 quilómetros sen repoñer, transportando unha enorme carga de bombas. Os B-29 podían, polo tanto, engalar nas Marianas, bombardear cidades do Xapón e volver ás súas bases. Para este fin, en diversas illas do arquipélago das Marianas, a medida que se ían conquistando, preparáronse formidables complexos para o mantemento, engalaxe e acollemento dos B-29. Os voos comezaron o 24 de novembro de 1944. miniatura|Situación xeográfica da illa.|420x420px Non obstante, as operacións cos B-29 seguían formulando dous problemas maiores. Por unha parte, os P-51 Mustang, que eran os máis modernos e mellores cazas norteamericanos, non tiñan máis de 3 000 quilómetros de autonomía, é dicir, uns 1 500 quilómetros de raio de acción, polo que non podían escoltar as fortalezas voantes até o Xapón. Por outra banda, na illa xaponesa Iwo Jima, situada a metade do traxecto das misións de bombardeo, os xaponeses construíran dous aeródromos e traballaban na construción dun terceiro, e dispoñían ademais dunha instalación de radar. Grazas a este radar, cando os B-29 pasaban por Iwo Jima, eran detectados con moita antelación e cando chegaban ao Xapón, sen cazas que os puidesen defender, eran atacados tanto polas defensas antiaéreas como polos cazas, aínda que realmente as defensas xaponesas non resultaban moi efectivas, pero non deixaban de supor unha molestia.
A solución a estes problemas era conquistar Iwo Jima. Con isto conseguíase tanto a eliminación da gornición nipoa como os efectos do radar, mentres que se permitiría establecer na illa as escuadrillas de Mustang necesarias para escoltar as de B-29 nos seus voos ao Xapón. Dispoñer da base de Iwo Jima tamén permitiría as escalas técnicas dos B-29 en caso de que volvesen avariados xa que aínda que estas aeronaves podían amarar en caso de emerxencia, pois os norteamericanos desenvolveron un servizo de asistencia con hidroavións, as aterraxes de emerxencia en pleno mar eran o terror das tripulacións das B-29 por medo aos ataques de tiburóns ou a ser capturados por pesqueiros xaponeses.
Por todo isto, o alto mando dos Estados Unidos acordou o 9 de outubro de 1944 ordenar os preparativos para a invasión de Iwo Jima.
Escenario de operacións: xeografía da illa de Iwo Jima miniatura|Imaxe satélite da illa de Iwo Jima.|250x250px A illa de Iwo Jima, ou "Illa do Xofre" en lingua xaponesa (硫黄島 Iōjima), ten unha lonxitude de 8 quilómetros orientada no eixe suroeste–nordeste, cun extremo máis estreito no suroeste de 900 metros de anchura e o máis ancho no nordeste, de 4 500 metros, de maneira que adquire unha silueta en forma de pera. A súa superficie, volcánica, esténdese sobre 20 km2 conformando unha xeografía accidentada composta por outeiros, cavorcos, gargantas, depresións e areas de lava que a acción do mar converteron en po. Apenas existe vexetación, escaseando as fontes de auga, mentres que dos solos fendidos xorden emisións de vapores sulfurosos pestilentes, de aí a súa denominación.
Estratexia do mando militar xaponés Tras a batalla do golfo de Leyte en outubro de 1944, as perdas da armada xaponesa deixaron a frota sen capacidade ofensiva. Pola súa parte, os submarinos norteamericanos afundiran durante os dous últimos anos practicamente toda a frota mercante xaponesa. Por mar, Xapón xa non podía nin atacar a frota inimiga nin abastecer as tropas que tiña fóra do seu arquipélago.
Estas circunstancias levaron a comprender a unha parte do alto mando xaponés que a guerra estaba definitivamente perdida, optando por reorientar a estratexia das operacións en prol de alcanzar un acordo de paz honrosa cos Estados Unidos que preservase, polo menos, no aspecto político o carácter divino institucional do emperador.
Para este fin, os xaponeses esperaban que acentuando a resistencia nos territorios insulares patrios, e que ían cedendo progresivamente ante o avance aliado, podería alterar o obxectivo norteamericano de forzar a rendición incondicional do Xapón facéndolles ver o enorme custo que implicaría o desembarco no arquipélago xaponés, acción que debía parecer só realizable tras conquistar o último palmo de terreo e eliminar até o último combatente nipón.
Esta actitude sería unha das razóns presentadas polo xeneral Groves e o presidente Truman para asestar un ataque atómico ao Xapón.
Iwo Jima, unha illa cuxo único valor residía nas pistas de aterraxe, sería o lugar simbólico para a posta en escena desta nova estratexia xa que os xaponeses adiviñaron asertivamente que esta illa debía de ser o próximo obxectivo en ser atacado.
A defensa preparada por Kuribayashi miniatura|O xeneral Tadamichi Kuribayashi dirixiu a defensa de Iwo Jima.|382x382px O grande estratego Kuribayashi creou unha técnica coñecida como "caixa de pílulas" que consistía en túneles subterráneos en toda a illa conectados entre si. Foi moi eficaz para disparar e cambiar de posición axiña. O alto mando xaponés decide substituír o comandante a cargo das defensas da illa e colocar a Tadamichi Kuribayashi para que verifique no terreo as defensas e que ademais planifique a forma de que esta illa teña un alto custo en vidas para o inimigo durante a súa conquista.
Baixo as ordes do xeneral Tadamichi Kuribayashi, procedeuse á evacuación dos 1 000 civís que habitaban Iwo Jima dedicados ao refinado de xofre e reforzouse a gornición con 21 000 soldados equipados basicamente con fusís, granadas de man, metralladoras, artillaría de medio e curto alcance, especialmente morteiros e ademais duns limitados tanques lixeiros. A subministración de municións, proxectís, víveres e auga foi moi insuficiente, sen contar con que a auga era de mala calidade nunha illa na que non se dispoñía de fontes de abastecemento, lagos ou ríos. Moito antes de que acabase a batalla, a auga xa se acabara, así como a munición de canón, de morteiro e de metralladora. Nesas circunstancias, os combatentes xaponeses resistiron os últimos días cos seus fusís, pistolas e, como moito, algunhas granadas de man.
Tadamichi Kuribayashi, fai un substancial cambio nas localizacións defensivas da illa, as trincheiras nas praias de Iwo Jima foron suprimidas e obrigou a crear unha densa rede de túneles no monte Surabachi, búnkeres enterrados, trampas e fortificacións no norte da illa. Ademais fai ver aos seus subordinados que ninguén dos que están na illa volverá con vida a territorio patrio. Na defensa da illa, Tadamichi Kuribayashi fará que cada vida inmolada sexa moi cara para o inimigo.
Construción de fortificacións A tropa que inicialmente construíra defensas e trincheiras no zona da praia, comezou a construír innumerables fortíns camuflados tanto nas poucas zonas chás do centro da illa como nas zonas montañosas da illa, nas vertentes dos barrancos e nas cimas volcánicas do sur e norte da illa.
A pouca dureza da pedra volcánica permitiulles facer con gran facilidade profundos túneles cos que deseñaron unha rede de galerías e refuxios onde se protexer dos duros bombardeos aos que serían sometidos durante 3 días, para ter unha óptima comunicación entre si en distintas posicións, así permitía a circulación de víveres e munición e unha mellor comunicación entre postos defensivos protexéndose desta maneira uns dos outros.
Para aumentar a resistencia dos materiais volcánicos empregaron cemento chegado en cargueiros con material de construción como picos e pas e que mesturado coa cinza de lava daba unha excelente consistencia aos redutos.
Os fortíns e posicións foron construídos con especial atención de que non houbese ángulos mortos para que todo punto atacado puidese ser defendido coa axuda dos postos veciños. O xeneral Kuribayashi, de familia aristócrata samurai, prohibiu expresamente ás tropas a táctica de combate banzai, é dicir, o asalto frontal ou a peito descuberto, e que até aquela fora utilizado amplamente polo soldado xaponés, sendo así un albo fácil para os disparos dos inimigos. Deste xeito esperábase forzar a combatividade dos marines norteamericanos ao obrigarlles a ter que atacar e penetrar en cada posición fortificada para desaloxar os defensores e expoñelos moralmente á visión desalentadora dos corpos dos caídos que se acumularían no intento.
Estratexia do mando militar estadounidense miniatura|353x353px|Plan de desembarco. O mando dos Estados Unidos planificou con antelación as operacións de invasión da illa poñendo na súa dirección ao xeneral Holland Smith. Para entón, a industria militar estadounidense xa acadara cotas formidables de produción, o que permitiu dispoñer dunha forza con abundante equipamento e apoio. Mentres, por un lado, se procedeu ao bloqueo naval da illa mediante submarinos que impedían a subministración por mar dos defensores, por outro, a partir de xuño de 1944 comezaron os bombardeos regulares da illa, primeiro desde acoirazados próximos e despois mediante ondadas de bombardeiros desde as bases das illas Marianas.
Para o asalto definitivo reuniuse unha escuadra composta por preto de 500 navíos, entre eles 12 portaavións e 8 acoirazados, e formada por 250 000 homes, dos cales 70 000 eran marines distribuídos en 3 divisións, forzas todas elas veteranas da guerra do Pacífico.
A operación bautizada como Detachment ou "Illamento", prevía tomar o control da illa nun máximo de 10 días.
Desenvolvemento das operacións O desembarco: preliminares, despregue e castigo xaponés miniatura|250px|Bombardeo previo á invasión da illa nunha imaxe tomada o 17 de febreiro de 1945. En primeiro plano, o monte Suribachi. O mando estadounidense decidiu o desembarco das tropas de asalto ao longo dos 3 000 metros de praia, a Red Beach, que desde o cono volcánico suroeste, do volcán extinguido Suribachi de 170 metros de altura, esténdese cara ao nordeste pola costa oriental. Toda a costa restante da illa é rochosa e naquel tempo tampouco existía ningunha instalación portuaria.
Os acoirazados da frota norteamericana comezaron os bombardeos preliminares con obuses de até 500 quilos a partir do 16 de febreiro de 1945 que se prolongaron os días seguintes 17 e 18 ante as malas condicións meteorolóxicas que impediron as tentativas de bombardeo aéreo. Simultaneamente, comandos de submarinistas inspeccionaron a costa somerxida da praia sen encontrar minas nin obstáculos.
Para o día 19 de febreiro de 1945, luns, perante a melloría meteorolóxica ordenouse aos dragaminas realizar un último varrido da fronte da praia e sen encontrar artefacto ningún todos os canóns da frota dispararon sobre a illa. Mentres tanto, ondadas de bombardeiros lanzaron as súas cargas de bombas e napalm. Para o almirante Nimitz: