O Casanova, de Federico Fellini (en ) é un filme italiano dirixido por Federico Fellini que se estreou en 1976. Baséase no libro Histoire de ma vie de Giacomo Casanova. Estreouse en galego o 2 de marzo de 1991 a través da TVG.La Voz de Galicia, 2 de marzo de 1991. Páx. 62
Sinopse Giacomo Casanova, vello bibliotecario do castelo do Dux, en Bohemia, recorda a súa vida, repleta de historias de amor e de aventuras. Ancián, só e desesperado, lembra as apaixonantes viaxes da súa xuventude por todas as capitais de Europa.
Personaxes Donald Sutherland como Giacomo Casanova Tina Aumont como Henriette Cicely Browne como Madame D'Urfé Carmen Scarpitta como Madame Charpillon Clara Algranti como Marcolina Daniela Gatti como Giselda Margareth Clémenti como Irmá Maddalena Mario Cencelli como Moebius Olimpia Carlisi como Isabella Silvana Fusacchia como Irmá de Isabella
Galardóns e nomeamentos 1976: Oscar: Mellor vestiario. 2 nomeamentos. 1976: Premios David di Donatello: Mellor música.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1976 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por Federico Fellini Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de 1976 con versión en galego