Jacobo Campos Piñeiro, nado en Vigo o 15 de marzo de 1981, é un futbolista galego que xoga na demarcación de defensa.
Traxectoria Comezou a dar os primeiros toques a un balón no Gran Peña Fútbol Club pasando pronto a formar parte do filial do Real Club Celta de Vigo, equipo co que debutaría en Primeira División Española no ano 2001, aínda que non se afianzaría como titular. Logo pasou por outros equipos españois, ata que no ano 2008 volve a Galiza para xogar no Coruxo Fútbol Club.
Convocárono varias veces para as categorías inferiores da Selección española de fútbol (sub-16, sub-17, sub-18 e sub-20), chegando a xogar un total de 13 partidos.
Xogou a Liga Fertiberia de Fútbol Indoor cos veteranos do Celta de Vigo. Na tempada 2013 proclamouse campión de liga e mellor xogador do torneo.
Palmarés Copas internacionais TítuloClubPaísAnoCopa IntertotoR. C. Celta de VigoVigo (España)San Petersburgo (Rusia)2000
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Xogadores do Celta de Vigo
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores da UD Salamanca Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do CF Badalona