miniatura|Un feixe de cereais nunha placa. Un feixe é un montón atado de herba, leña, palla etc. Tamén se coñece co nome de brazado, gavela, mollo ou simplemente lote.
Etimoloxía O termo vén do étimo latín: fascis, do que tamén deriva a verba galega facho.A palabra fascismo deriva do mesmo termo, xa que as fascis eran un grupo de varas agrupadas, símbolo de poder na Antiga Roma e foi usado como referencia por Mussolini. En galego algúns autores como Castelao usaban a palabra 'feixismo', da mesma orixe, non recollida no DRAG. Derivado deste termo, tamén se lle chama feixe a un grupo de cousas ou de persoas (fato) e en anatomía ao conxunto de fibras musculares ou nerviosas (tamén chamados 'fascículos').
Os termos feixe na matemática e na física tamén derivan deste (un feixe de luz).
Notas
Véxase tamén
fascismo
Categoría:Agricultura