Heaven Beside You é unha canción da banda estadounidense de heavy metal Alice in Chains, editada como sinxelo do seu álbum Alice in Chains en 1995. A canción foi incluída nos recompilatorios Music Bank (1999), Greatest Hits (2001) e The Essential Alice in Chains (2006).
Composición "Heaven Beside You" foi escrita e cantada polo guitarrista Jerry Cantrell con Layne Staley facendo harmonías durante o coro. A canción está tocada nun tempo medio, que contrasta co ritmo máis rápido e son máis pesado que se atopan na meirande parte das cancións do álbum Alice in Chains.
Listaxe de cancións Versión 1 "Heaven Beside You" – 5:27 "Would?" (live) – 3:27 "Rooster" (live) – 6:15 "Junkhead" (live) – 5:09
Versión 2 "Heaven Beside You" – 5:27 "Angry Chair" (live) "Man in the Box" (live) "Love, Hate, Love" (live)
Categoría:Sinxelos de 1996 Categoría:Cancións de Alice in Chains