Explorer 39, tamén denominado AD-C (Air Density C), foi un satélite científico da NASA pertencente á serie de satélites Air Density lanzado o 8 de agosto de 1968 desde a base Vandenberg da Forza Aérea a bordo dun foguete Scout B.
Características Explorer 39 foi o cuarto dunha serie de satélites inflables esféricos de 3,6 metros de diámetro adicados a determinar a densidade da atmosfera superior. Foi lanzado xunto con Explorer 40 e inxectado nunha órbita inicial de 2522 km de apoxeo e 680 km de perixeo cunha inclinación orbital de 80,6 graos e un período orbital de 118,2 minutos.
A esfera do satélite estaba formada capas alternas de aluminio e mylar. Sobre a capa externa, de aluminio, había círculos brancos de 5,1 cm de diámetro para o control térmico. Explorer 39 dous tipos de experimentos de densidade, implicando un deles o estudo sistemático da variación da densidade e o outro aplicado a variacións non sistemáticas. As densidades derivábanse do seguimento do satélite mediante unha baliza a bordo que emitía a 136,620 MHz de frecuencia e por medios ópticos. A baliza deixou de emitir en xuño de 1971
Explorer 39 reentrou na atmosfera o 22 de xuño de 1981.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Air Density (satélites) Explorer 9 Explorer 19 Explorer 24
Ligazóns externas Información filatélica sobre os satélites da serie Explorer Explorer 39 na páxina do Museo Smithsonian
Categoría:Programa Explorer