Santo André de Lourizán é unha parroquia do concello de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2022 tiña tiña 2.935 habitantes (1.441 homes e 1.494 mulleres), repartidos en 17 entidades de poboación.
Linda ao norte con Salcedo e a ría de Pontevedra, ao sur con Salcedo e San Xián de Marín, ao leste outra volta con Salcedo e ao oeste con San Xián de Marín e a ría. A altura máxima é de 100 m. A costa é recortada e os accidentes costeiros máis salientábeis son as puntas da Laxe da Rache e Cabo de Praceres e as praias de Lourizán e Praíña. Lourizán dista catro quilómetros da capital do concello, coa que se comunica por medio da autovía PO-11 e a estrada PO-546.
miniatura|200px|Capela de Santo André, antiga igrexa parroquial.
Patrimonio Atopáronse dúas aras romanas adicadas ao deus Vestio Alonieco, e un relevo recollido no muro do recinto da igrexa cunha figura antropomorfa.
O pazo de Lourizán foi construído como lugar da veraneo da familia Montero Ríos, e no seu recinto construíuse un centro de investigacións forestais. Tamén destacan a igrexa da Nosa Señora dos Praceres (deseñada a finais do século XIX por Domingo Sesmero) e inaugurada en 1888 e a capela de Santo André.
Nesta parroquia sitúase o complexo Ence, formado pola maior planta produtora de pasta de papel da empresa Ence, (e da desaparecida planta electroquímica de Elnosa construída en 1957), altamente contaminante e condenada en reiteradas ocasións por delitos medioambientais. Malia que por lei debe abandonar eses terreos, propiedade do estado,"El contestado cierre de Ence Huelva, espejo para el futuro de Pontevedra". La Voz de Galicia. e que no ano 2018, a Asociación Pola Defensa da Ría procurou a súa marcha, unha sentenza de 2023 do Tribunal Supremo puxo fin ao proceso xudicial contra Ence pola prórroga da planta en Lourizán.
A festa patronal celébrase o día 30 de novembro (Santo André). Tamén se celebra a Nosa Señora dos Praceres, normalmente no mes de maio.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Lourizán
Parroquias de Pontevedra
Documentais sobre Lourizán Paraíso roubado Fóra
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pontevedra
Categoría:Parroquias de Pontevedra Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo André