San Xiao é un lugar da parroquia de Arnois no concello pontevedrés da Estrada na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2010 tiña catorce habitantes (seis homes e oito mulleres), seis menos ca en 1999 (doce homes e oito mulleres nese ano).

Toponimia

O topónimo San Xiao é un haxiotopónimo referido a Xián o Hospitaleiro e débese á presenza xunto ao lugar da igrexa de San Xiao de Arnois.

Lugares e parroquias Lugares de Arnois

Parroquias da Estrada

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Estrada

Categoría:Lugares da Estrada