Luis Rufilanchas Salcedo, nado en Xixón o 17 de maio de 1910 e finado na Coruña o 11 de xullo de 1937, foi un avogado e político socialista español. Foi fusilado polos sublevados ao inicio da guerra civil española.

Traxectoria Era profesor na Universidade Central de Madrid, sendo profesor auxiliar de Dereito e adxunto á cátedra do tamén militante do PSOE Jiménez de Asúa. Nas eleccións de febreiro de 1936, foi elixido deputado nas listas da Fronte Popular na circunscrición da provincia de Madrid. Como deputado foi adscrito á Comisión de Actas.Interpelación al Gobierno sobre las elecciones parciales de Cuenca . La Vanguardia, 1 de maio de 1936.

Luis Rufilanchas estaba en Galicia no momento de producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu orixe á guerra civil española. Puido esconderse durante varios meses en diversas cidades galegas, tratando de fuxir á zona republicana. Porén, logo dun novo intento de fuga, foi apresado polos franquistas nas inmediacións da Coruña entre os meses de febreiro e marzo de 1937.

Foi procesado polo delito de rebelión militar e xulgado en consello de guerra do 17 ao 19 de maio con outros 24 encartados. Foi condenado a morte con Manuel Fernández López, Genaro Ruano Sanjurjo, Domingo Rey Lago, Francisco González Agilda, Rotilio Naya Rodríguez, Conrado Naya Rodríguez, Manuel Rúa Losada, Delfino Liñeira Fraga, Juan Sánchez Serantes, Argimiro Aradas Leiro, Francisco Meizoso Veiga, Carlos Ponte Patiño, Nicolás Veiga Núñez, José Santiago García Rey, Manuel Martínez Piñó, Emilio Zufia Moreno, José Méndez Serantes, José Santiago Temprano e Ramón Lea García.La Voz de Galicia, 19-5-1937, p. 2.La Voz de Galicia, 20-5-1937, p. 2. Foron executados o 11 de xullo de 1937 na Coruña,La Voz de Galicia, 13-7-1937, p. 1. excepto Conrado Naya, Juan Sánchez, José Santiago, Manuel Martínez, Emilio Zufia, José Méndez e Ramón Lea aos que se lles conmutou a pena por cadea perpetua; Carlos Ponte foi condenado a 15 anos. Emilia Pérez Pazos e Generoso Rumbo Lafuente foron condenados a 20 anos; Enrique Sardinero Rey a 15 anos; José Lombardía Bargos e Luis Duro de La Iglesia foron absoltos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Precisiones. Carta ao Director de El País, de Emilio Grandío, profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela.

Categoría:Deputados nas Cortes da II República

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en 1910 Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Fusilados Categoría:Profesores da Universidade Central de Madrid