miniatura|Os practicantes de shiatsu cren que o fluxo de enerxía a través das liñas dos meridianos ten unha profunda influencia na saúde da persoa.
O shiatsu (kanji: 指圧; hiragana: しあつ, do xaponés xi, dedo, e atsu, presión; presión cos dedos) é un tipo de medicina alternativa creada no século XX por Tokujirō Namikoshi (1905-2000) no Xapón. Non hai ningunha evidencia da súa efectividade.
Hai dúas escolas principais de shiatsu. Unha que se basea na teoría anatómica e fisiolóxica occidental, e outra que se basea na medicina tradicional chinesa. O shiatsu está regulado como terapia médica no Xapón (polo Ministerio de Saúde e Benestar Social), e noutros países por diversos órganos de goberno creados polos profesionais desta especialidade.
O shiatsu é unha práctica en evolución, e os seus estilos diversos incorporan (en diferentes graos) os aspectos da masaxe tradicional xaponesa, a medicina tradicional chinesa, e a anatomía e a fisioloxía occidentais.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Encontro internacional sobre shiatsu Artigos sobre shiatsu, arredor do mundo Guía de terapia shiatsu Kepher: Shiatsu European Shiatsu Federation /
Categoría:Medicina alternativa