Otello, ossia il moro di Venezia (en galego Otello, ou o mouro de Venecia é unha ópera en tres actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Francesco Maria Berio di Salsa, baseado nunha adaptación francesa do Otelo de Shakespeare realizada por Jean-François DucisLois Potter (2002) Othello Manchester: Manchester University Press, p. 61. Foi estreada no Teatro del Fondo de Nápoles o 4 de decembro de 1816.

É a única obra rossiniana baseada nun drama de Shakespeare. A ópera adáptase bastante á obra orixinal, ten lugar en Venecia e non en Chipre, e o drama desenvólvese doutro xeito. O papel de Jago é nalgún sentido menos importante e diabólico que na obra orixinal e que na versión de Verdi, estreada en 1887. O Otello de Rossini é un fito importante no desenvolvemento da ópera como drama musical, ademais proporcionou a Verdi un punto de referencia para as súas propias adaptacións de Shakespeare.

Otello, como moitas outras óperas de Rossini, foi caendo pouco a pouco no esquecemento e chegando no século XX a ser a súa presenza practicamente nula. Como noutros casos houbo que agardar ao renacemento de Rossini para que a obra volvese coller voo. É curioso que o propio Rossini afirmaba que, da súa extensa produción operística, tan só sobrevivirían no tempo Il barbiere di Siviglia completo, o acto II de Guillaume Tell e o acto III de Otello.

Esta ópera represéntase pouco, aparecendo nas estatísticas de Operabase no posto nº 222 das óperas representadas no período 2005-2010 e sendo a 65ª en Italia e a novena de Rossini con 12 representacións nese período.

Historia das representación A estrea do Otello de Rossini tivo lugar no Teatro del Fondo de Nápoles o 4 de decembro de 1816. A súa estrea no Reino Unido foi o 16 de maio de 1822 no King's Theatre de Londres, e a premier americana tivo lugar o 7 de febreiro de 1826 en Park Theatre en Nova York.Holden, p. 779

Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 4 de decembro de 1816(Director: - )OtellotenorAndrea NozzariDesdemonamezzosopranoIsabella ColbranRodrigotenorGiovanni DavidJagotenorGiuseppe CiccimarraEmiliamezzosopranoMaria ManziElmirobaixoMichele BenedettiO dogo de VeneciatenorGaetano ChizzolaLuciotenorNicola MolloUn gondoleirotenorNicola Mollo

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Nápoles Categoría:Óperas de 1816