Il signor Bruschino, ossia Il figlio per azzardo (en galego O señor Bruschino, ou o fillo por azar) é unha ópera nun acto con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Giuseppe Maria Foppa baseado na obra teatral cómica francesa Le fils par hasard, ou ruse et folie de Alissan de Chazet e E.T.M. Ourry. A súa estrea tivo lugar o 27 de xaneiro de 1813 no Teatro San Moisè de Venecia.

Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só 8 representacións no período 2005-2010, sendo a 76ª en Italia e a 10ª de Rossini.

Historia Entre 1810 e 1813, o xove Rossini compuxo catro farsas italianas, comezando por La cambiale di matrimonio, a súa primeira ópera, e acabando con Il signor Bruschino. Este tipo de pezas breves foron populares en Venecia a finais do século XVIII e principios do XIX. As pezas eran íntimas, cun elenco de cinco a oito cantantes, sempre incluíndo unha parella de amantes, neste caso Sofia e Florville, alo menos dúas partes cómicas, neste caso Bruschino pai, Gaudenzio e Filiberto, e un ou dous papeis menores, aquí Marianna, Bruschino fillo e un policía. O estilo esixía moita comedia visual improvisada polos intérpretes, e decotío un "tic" lingüístico compulsivo. Nesta ópera, Bruschino fillo adoita repetir a frase "Oh, é tan cálido!". As farsas de Rossini teñen tamén un significativo elemento sentimental.Osborne, p. 28

A ópera non se estreou nos Estados Unidos nin no Reino Unido ata o século XX. A súa estrea en Nova York tivo lugar o 9 de decembro de 1932 no Metropolitan e viuse por primeira vez o 14 de xullo de 1960 en Inglaterra, presentado polo Grupo de Ópera Kent, unha compañía de afeccionados.Holden, p. 779Osborne, p. 27

Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 27 de xaneiro de 1813(Director: -)Gaudenzio (o titor e gardián de Sofia) baixoNicola De GrecisSofiasopranoTeodolinda PontiggiaBruschino (pai) baixoLuigi RaffanelliBruschino (fillo) tenorGaetano Dal MonteFlorville (amante de Sofia) tenorTommaso BertiFiliberto (un taberneiro) baixoNicola TacciMarianna (camareira) sopranoCarolina NagherUn delegato di poliziatenorGaetano Dal MonteSirvientespapeis mudos

Argumento A trama transcorre no castelo de Gaudenzio en Francia no século XVIII.Osborne, p. 26 Sofia e Florville están namorados, mais o seu gardián, Gaudenzio, oponse ao matrimonio. O pai de Florville e Gaudenzio son antigos inimigos. O pai de Florville morre, co que queda eliminado un obstáculo, mais Gaudenzio xa está conforme con casar a Sofia co fillo do seu antigo amigo, o Signor Bruschino. Sofia nunca coñecera ao seu prometido, pois os prometeran por correspondencia. No seu camiño para coñecer a Sofia, o xove Bruschino para nunha taberna, gasta unha factura elevadísima e é detido por ser incapaz de pagar. Captando a oportunidade, Florville pretende ser Bruschino fillo, de xeito que poida casar con Sofia. As complicacións xorden cando Bruschino fillo chega á casa de Gaudenzio. Afortunadamente, porén, ao final vese obrigado a aceptar a Florville como o seu propio fillo. Nun xoguetón trío, Florville (como Bruschino fillo) pídelle a seu "pai" o perdón, mentres que Gaudenzio censura ao vello Bruschino pola súa falla de simpatía paternal.

Orquestración A partitura de Rossini foi escrita para pequena orquestra composta por: 1 frauta, 2 óboe (II. tamén corno inglés solo na aria de Sofia n. 5) , 2 clarinetes, fagot 2 trompas arcos Para os recitativos: clavicembalo (violonchelo e contrabaixo ad libitum)

Estrutura Sinfonia 1 Introduzione Deh, tu m'assisti, amore (Florville, Marianna, Sofia) 2 Duetto Io danari vi darò! (Florville, Filiberto) 3 Cavatina Nel teatro del gran mondo (Gaudenzio) 4 Terzetto Per un figlio già pentito (Gaudenzio, Bruschino, Florville) 5 Recitativo e Aria Ah, donate il caro sposo (Sofia) 6 Aria Ho la testa o è andata via? (Bruschino) 7 Duetto E' un bel nodo (Gaudenzio, Sofia) 8 Finale Ebben, ragion, dovere (Gaudenzio, Bruschino, Florville, Sofia, Marianna, Filiberto, Bruschino fillo)

Discografía AnoElenco: Gaudenzio, Sofia, Bruschino padre, Marianna, FlorvilleDirector,Teatro de ópera e orquestraSelo discográfico Gravacións de Il signor Bruschino en operadis-opera-discography.org.uk1991 Samuel Ramey,Kathleen Battle,Claudio Desderi,Jennifer Larmore,Frank Lopardo Ion Marin,Orquestra de Cámara Inglesa(Gravado en Henry Wood Hall, Londres, maio)CD de son: DGCat: 477 5668 & 0008751022009 David Park,Olga Peretyatko,Vladimir Chernov,Michaela Adamcova,Kirlianit Cortes Michi Gaigg,L'Orfeo Barockorchester(Gravación dunha interpretación no Kammermusksaal, Graz, marzo)CD de son: premiereopera.netCat: sen número

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Venecia Categoría:Óperas de 1813