Henrique Harguindey Banet, nado en Lugo o 4 de xaneiro de 1946 e falecido o 20 de decembro de 2024, foi un escritor e tradutor galego.

Traxectoria

Henrique Harguindey naceu o 4 de xaneiro de 1946 en Lugo, onde seu pai, Gerardo Harguindey, desempeñaba como dentista, mais tras a morte deste o 11 de maio de 1960, mudouse á Coruña, a casa do seu avó materno, Manuel Banet, histórico nacionalista; xunto co seu irmán Xosé Miguel, posteriormente primeiro presidente da Agrupación Cultural O Facho tivo acceso á biblioteca privada do avó, que incluía volumes como a Biblioteca Gallega de Andrés Martínez Salazar, as coleccións de Céltiga e Lar ou as publicacións da editorial Nós, alí comezou a beber da cultura galega e desenrolarse o seu galeguismo. Foi espallando este galeguismo entre os seus amigos, e en agosto de 1963 fixo un chamamento na prensa xunto con Andrés Salgueiro solicitando a participación de todos os interesados na creación dunha asociación cultural co obxectivo de promover e alentar o coñecemento e a difusión da cultura galega. En novembro formouse unha comisión organizadora para acometer a fundación da agrupación, e o 23 de decembro de 1963 foi a primeira xunta, que deu pé á Agrupación Cultural O Facho. Neste espazo de resistencia cultural coincidiu con persoeiros como Leandro Carré Alvarellos, quen dirixiu os cursos de lingua galega da asociación, Manuel Lourenzo, Miguel Anxo Fernán-Vello ou Manuel Beiras.. En 1964 naceu o Grupo de teatro O Facho, no que participou como actor nalgunhas obras e adaptou textos para a súa representación como O señor Bonhome e os incendiarios, de Max Frisch, en colaboración con Manuel Lourenzo, estreado no II Certamen de Teatro Nuevo organizado polo Concello da Coruña o 23 de agosto de 1966.

Xa na universidade, onde estudou Filoloxía francesa, foi parte do Seminario da Cultura Galega do Club de Amigos da Unesco de Madrid. Neses anos comezou a militar politicamente na esquerda galega, ao considerala unha vía renovadora dentro do nacionalismo galego. Foi parte da célula Ché Guevara da Unión do Povo Galego xunto a persoeiros como Ramón Muñiz e membro fundador da UPG de Coruña. Froito desta militancia, durante a súa estancia en París en 1969 traduciu ao galego a letra do himno "A Internacional", versión que aínda hoxe seguen a utilizar colectivos de esquerda como a CIG. En 1973 desvinculouse da UPG por desacordo coa súa liña política..

En 1976 acadou praza de mestre de Francés no IES de Rodeira de Cangas de Morrazo,, onde coincidiría con outros persoeiros da cultura e a política galega coma Carlos Casares e Francisco Rodríguez. Nas primeiras eleccións locais democráticas presentouse como cabeza de lista en Cangas por Unidade Galega,, que obtivo 3 concelleiros dun total de 21 (vexase Eleccións municipais en Cangas de Morrazo) pero por mor dun pacto entre todas as forzas de esquerda presentes nesa corporación (PCG,PSdeG-PSOE, BN-PG e UG) para investir alcalde a José Chapela González (PCG), que fora a segunda forza máis votada tras a UCD, Harguindey entrou no goberno local como concelleiro de cultura, ademais de 3º tenente de alcalde e mais presidente da Comisión de Educación, Cultura, Deportes, Protocolo e Prensa. Durante esta primeira lexislatura democrática fixo unha defensa do uso do galego nos actos públicos e internos da corporación impulsou a posta en valor dos petrógrifos de Laxe da Chan e perseguiu a creación dunha casa da cultura en Cangas que servise para articular a vida cultural en Cangas.

En 1978 publicou a súa primeira tradución dun texto longo, O poema do país que ten fame de Paol Keineg, publicada por Edicións do Rueiro, editorial que fundara o seu irmán Xosé Miguel Harguindey xunto con outros socios. En 1976 publicara a obra colectiva Textos para o ensino do galego xunto coa súa muller, Maruxa Barrio Val, Xan Cejudo Álvaro, Francisco Pillado Mayor e Xulia Tarrio Pillado.

Foi concelleiro en Cangas de Morrazo polo Partido Socialista Galego-Esquerda Galega entre 1987 e 1995.

Vida persoal Irmán do antigo senador Gerardo Harguindey, casou coa escritora Maruxa Barrio. É o pai de Breixo Harguindey, editor e crítico de banda deseñada.

Obras Ensaio A saquetiña da lingua: exercicios de perfeccionamento no galego enxebre, 1999, Xerais O fío da lingua, 2005, Laiovento Desaprenda a falar galego en 15 días cos erros dun tradutor automático, 2009, Laiovento La Galice, dez séculos de olladas francesas, 2009, Universidade de Santiago de Compostela

Obras colectivas miniatura|175px|Contos Populares, BBdCG. Textos para o ensino do galego, 1976, Edicións do Rueiro Xeografía descriptiva de Galicia, 1979, Edicións do Rueiro Contos galegos, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1983, Galaxia (con Maruxa Barrio) Lerias e enredos para os máis pequenos, 1983, Galaxia (con Maruxa Barrio) Antoloxía do conto popular galego, 1994, Galaxia (con Maruxa Barrio) Contos populares galegos: animais, 1995, Galaxia (con Maruxa Barrio) Estilo de exercicios, para exercicios de estilo, 1995, Xerais (con Xosé Manuel Pazos) O mal do zapateiro e outros contos, 1998, Xunta de Galicia Unha maré de palabras, 2005, Museo Massó, Xunta de Galicia Urbi et orbi. Dende o galego para o mundo, 2011

Traducións O poema do país que ten fame de Paol Keineg, 1978, Edicións do Rueiro O estraño cabaleiro, de Michel de Ghelderode, 1981, Cadernos da Escola Dramática Galega Farsa do mestre Pathelin, Cadernos da Escola Dramática Galega Ubu Rei de Alfred Jarry, 1989, Cadernos da Escola Dramática Galega Amazonia, de Gabrion, 1990, Xerais A máquina perplexa, de Marc Wasterlain, 1990, Xerais O mestre dos robots, de Marc Wasterlain, 1990, Xerais Alerta en África, de Jean-Pierre Autherman, 1991, Xerais A deusa dos ollos de xade, de Dieter, 1991, Xerais Dinghys-Dinghys: Lannapurna club, de Marc Barceló, 1991, Xerais Gargantúa e Pantagruel de François Rabelais, 1991, Xunta de Galicia Os homes transparentes, de Marc Wasterlain, 1991, Xerais A prisioneira, de Jean-Pierre Autheman, 1991, Xerais Tumuc-Humac, de Gabrion, 1991, Xerais A amnesia dos Dalton, de Morris, 1992, Xerais Capitán Futuro, de Jean Bourguignon, 1992, Xerais O imperio do Pacífico, de Jean-Pierre Autherman, 1992, Xerais Satí: Basil & Victoria, de Yann Lepennetier, 1992, Xerais Exercicios de estilo, de Raymond Queneau, 1995, Xerais. Con Xosé Manuel Pazos Varela Cartas das Illas Bailarinas, de Jacques Prévert, 1996, Xerais A noite xusto antes dos bosques. Combate de Negro e de can, de Bernard-Marie Koltès, 1996, Laiovento Macbett, de Eugène Ionesco, 1998, Xerais O reiciño de Galicia de Victor Hugo, 1998, Laiovento Cándido ou o optimismo, de Voltaire, 1999, Xerais Historia do rei Kabul 1º e do seu pinche Galván de Max Jacob, 1999, Ir Indo Roberto di que_, de Siglint Kessler, 1999, Kalandraka Tres pezas cómicas medievais, 1999, Universidade da Coruña Os constructores de imperios ou O Schmürz, de Boris Vian, 2000, Laiovento A escuma dos días, de Boris Vian, 2001, Laiovento A cantante calva de Eugène Ionesco, 2002, Laiovento Cuarto libro, de François Rabelais, 2004, Laiovento Rinoceronte, de Eugène Ionesco, 2004, Laiovento Emilio ou da educación, de Jean-Jacques Rousseau, 2006, Universidade de Santiago O burgués fidalgo, de Molière, 2007, Laiovento O caso da rúa de Lourcine, de Eugène Labiche, 2008, Laiovento Zazí no metro, de Raymond Queneau, 2009, Laiovento Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña, anónimo, 2015, Rinoceronte O derradeiro día dun condenado. Claude Gueux, de Victor Hugo, 2017, Laiovento Carta a un profesor mozo, de Philippe Meirieu, 2017, Kalandraka O Tartufo, de Molière, 2018, Laiovento Os Estados e Imperios da Lúa, de Cyrano de Bergerac, 2019, Rinoceronte Editora Obxectivo: a Lúa, de Hergé, 2020, Zephyrum Ediciones (con Breixo Harguindey)

Premios Premio Ramón Cabanillas 1991 pola tradución de Gargatúa e Pantagruel. Premio Xohan de Cangas ao labor cultural 1996. Premio de tradución da II Gala do Libro Galego no 2017, por Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

Eleccións municipais en Cangas de Morrazo Ligazóns externas

Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Escritores de Lugo Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2024

Categoría:Tradutores do francés

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Concelleiros de Cangas de Morrazo Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSG-EG