O Bornholmsk ou bornholmés é a fala tradicional da illa de Bornholm, considerada un dialecto da lingua dinamarquesa pertencente ao grupo oriental (Østdansk en dinamarqués) e estreitamente relacionado cos dialectos de Escania.
Situación Desde a década de 1950 o bornholmsk comezou a recuar, especialmente entre a poboación máis nova da illa, que en gran parte fala a norma estándar do dinamarqués. A organización Bevar Bornholmsk pertencente á KulturBornholm traballa na preservación e desenvolvemento da fala, concedendo premios, editando materiais e favorencendo a súa introdución nos medios de comunicación, malia existiren diversos dicionarios bornholmsk-dinamarqués a produción escrita é escasa e non existe unha ortografía normalizada.
Véxase tamén Ligazóns externas Arquivo de son en Bornholmsk do departamento de dialectoloxía da Universidade de Copenhaguen (recolleito en 1975 dun falante nado en 1899) Arquivo de son en Bornholmsk, recolleito pola Universidade de Aarhaus en 1973 dun falante nado en 1906 Programa de radio presentado polos entusiastas da fala Lief Heriksen e Karl Kristensen en Radio Bornholmsk (1997)
Categoría:Lingua dinamarquesa Categoría:Linguas de Dinamarca