Teresa Pàmies i Bertran, nada en Balaguer (provincia de Lleida) en 1919 e finada en Granada o 13 de marzo de 2012Muere Teresa Pàmies en La Vanguarda o 13 de marzo de 2012. , foi unha escritora catalá.

Traxectoria Foi dirixente das Mocidades Socialistas Unificadas de Cataluña (1937) e unha das fundadoras da Aliança Nacional de la Dona Jove (1937-1939).

Estivo casada con Gregorio López Raimundo, Secretario Xeral do PSUC, é foi nai do tamén escritor Sergi Pàmies.

Entre as súas obras, sempre cun fondo autobiográfico, destaca Testament a Praga (1971), (Premio Josep Pla, 1970) en colaboración co seu pai, Quan érem capitans (1974), Vai ploure tot o día (1974), Gent del meu exili (1975) ou Jardí enfonsat (1992), entre outras.

En 2001 foi galardoada co Premio de Honra das Letras Catalás.

Obra Testament a Praga (1970) Quan érem capitans (1974) Va ploure tot el dia (1974) Quan èrem refugiats (1975) Si vas a París papà... (1975) Gent del meu exili (1975) Gent de la vetlla (1975) Los que se fueron (1976) Dona de pres (1975) Amor clandestí (1976) Aquell vellet senzill i pulcre (1977) Vacances aragoneses (1979) La chivata (1981) Memòria dels morts (1981) Aventura mexicana del noi Pau Rispa (1982) Matins d'Aran (1982) Rosalia no hi era (1982) Busqueu-me a Granada (1984) Segrest amb filipina (1986) Praga (col. "Las ciudades". Ed. Destino) (1987) Primavera de l'àvia (1989) Jardí enfonsat (1992) Coses de la vida a ritme de bolero (1993) Nadal a Porto (1994) La filla del Gudari (1997) La vida amb cançó: cròniques radiofòniques (1999) Estem en guerra (2005) Ràdio Pirenaica (2007)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da autora en Escriptors.cat.

Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en Balaguer Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Premio Creu de Sant Jordi Categoría:Comunistas de España