miniatura|Figura realizada coa técnica de pregado húmido inventada por Yoshizawa. , nado en Tochigi, o 14 de marzo de 1911, finado o 14 de marzo de 2005 en Toquio. Foi un notábel mestre do origami xaponés. Recoñéceselle ter elevado o origami dende a artesanía ou o pasatempo á condición artística, sendo polo tanto un dos "pais do origami".Akira Yoshizawa Origami Biography (en inglés) Consultado o 14/3/2012. De acordo a unha estimación propia de 1989, creara máis de 50 000 modelos, dos cales só uns poucos centos de deseños foron publicados nos seus dezaoito libros. Segundo a tradición máis pura do origami, para os seus deseños nunca empregou tesoiras, pegamento ou adornos adicionais ás figuras.

Ó longo da súa carreira, Yoshizawa levou a cabo labores de embaixador cultural internacional do Xapón. En 1983, o emperador xaponés Hirohito outorgoulle a Orde do Sol Nacente, unha das maiores honras que pode recibir un cidadán xaponés.

O 14 de marzo de 2012, Akira Yoshizawa foi homenaxeado por Google cun doodle conmemorativo do 101º aniversario do seu nacemento.

Notas

Categoría:Personalidades do Xapón Categoría:Nados en 1911 Categoría:Nados na prefectura de Tochigi Categoría:Finados en 2005