miniatura|dereita|Pregnenolona.Número CAS: 145-13-1. Nome IUPAC: 3β-hidroxipregn-5-en-20-ona. miniatura|dereita|Modelo da pregnenolona.

A pregnenolona PubChem compound Pregnenolone é unha hormona esteroide que intervén como intermediario na ruta de síntese da proxesterona, mineralocorticoides, glicocorticoides, andróxenos, e estróxenos, polo que se considera unha prohormona.

A pregnenolona sulfato é antagonista do receptor GABAB http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/10350561 e incrementa a neuroxénese no hipocampo.Pregnenolone sulfate enhances neurogenesis and PSA... [Neurobiol Aging. 2005] - PubMed result [Internet]. [cited 2010 May 10]. PMID 15585350

Química Igual cós outros esteroides, a pregnenolona consta de catro aneis de hidrocarburos interconectados. Contén os grupos funcionais hidroxilo e cetona, dúas cadeas etilo, e un dobre enlace no carbono 5 do anel B. É un esterol, cun OH no C3.

Como todas as hormonas esteroides, a pregnenolona é un composto hidrofóbico. Polo contrario, o seu derivado esterificado, a pregnenolona sulfato, é soluble en auga.

Síntese miniatura|esquerda|350px| Reacción: Pregnenolona-Proxesterona miniatura|350px|esquerda|Metabolismo da pregnenolona. miniatura|esquerda|350px|Esteroidoxénese, na que se mostra a pregnenolona na parte superior esquerda. A pregnenolona sintetízase a partir do colesterol. Esta transformación implica a hidroxilación na cadea lateral nas posicións C20 e C22, e a escisión final da cadea lateral. O encima que realiza esta tarefa é o citocromo P45011a1, que forma parte da superfamilia do citocromo P450, e que está localizado na mitocondria, e é controlada polas hormonas trópicas da hipófise, como a ACTH, FSH e LH.

Prohormona A pregnenolona metabolízase orixinando varias hormonas nalgunha das seguintes tres maneiras:

A pregnenolona pode ser convertida en proxesterona, ao cambiar o OH do carbono 3 por unha cetona e mudar a posición do dobre enlace do anel A. A reacción está catalizada polo encima 3beta-hidroxiesteroide deshidroxenase ou delta 4-5 isomerase. O encima transfire o dobre enlace do C5 ao C4 no anel A. A proxesterona é a entrada á vía delta-4, dando lugar á produción da 17-hidroxiproxesterona e androstenediona, precursores da testosterona e estrona. A aldosterona e os corticosteroides tamén son derivados da proxesterona e os seus derivados. A pregnenolona pode ser convertida en 17-hidroxipregnenolona polo encima 17α-hidroxilase (CYP17A1). Usando esta vía, chamada vía delta-5, o seguinte paso é a conversión en deshidroepiandrosterona (DHEA) utilizando unha desmolase. A DHEA é o precursor da androstenediona. A pregnenolona pode ser convertida tamén en androst-5,16-dien-3 beta-ol pola 16-ene-sintetase.

Neuroesteroide A pregnenolona e o seu sulfato, igual que a deshidroepiandrosterona e o seu sulfato e a proxesterona, pertencen ao grupo dos esteroides neuroactivos ou neuroesteroides, que se encontran en altas concentracións en certas partes do cerebro, e son sintetizados alí. Os neuroesteroides afectan ao funcionamento sináptico, son neuroprotectores, e melloran a mielinización. Está investigándose o potencial para mellorar o funcionamento cognitivo e a memoria da pregnenolona e o seu éster de sulfato.

A pregnenolona sulfato activa as canles iónicas do receptor potencial transitorio M3 en hepatocitos e illotes pancreáticos causando a entrada de calcio e a posterior liberación de insulina.

Supresión hipofisaria Todos os corticosteroides teñen numerosas e variadas accións farmacolóxicas. En humanos, unha única dose ou un uso a curto prazo (varios días) practicamente non ten efectos nocivos. Porén, o uso prolongado de corticosteroides podería orixinar a supresión da función hipofisaria (ou pituitaria). A dose limiar diaria para que se dea este efecto é de aproximadamente 0,5 mg para un individuo de 50 kg.http://datasheets.scbt.com/sc-301609.pdf

Notas

Categoría:Hormonas Categoría:Esteroides