Michel Hazanavicius, nado o 29 de marzo de 1967 en París, é un director de cine, produtor e guionista francés especialmente coñecido polo seu filme de 2011 The Artist co que gañou o Óscar ó mellor director e ó mellor filme.
Vida persoal A familia de Michel Hazanavicius era de orixe xudía de Lituania e Polonia, que se estableceron en Francia na década de 1920. Antes de se facer director, Hazanavicius traballou en televisión.
Actualmente está casado coa actriz francesa Bérénice Bejo, quen fixo o papel protagonista feminino no filme The Artist.
Filmografía Ano(s) Título Traballo comoDescrición 1992 Derrick contre Superman Director Curta de televisión 1992 Ca détourne Director Telefilme 1993 La Classe américaine Director Telefilme 1994 C'est pas le 20 heures Director Serie de televisión 1996 Les films qui sortent le lendemain dans les salles de cinéma Director Documental 1997 Echec au capital Director Curtametraxe 1999 Mes amis Director Filme 2006 OSS 117: Cairo, Nest of Spies Director Filme 2009 OSS 117: Lost in Rio Director Filme 2011 The Artist Director Filme 2012 The Players Director Filme 2012 The Search Director Filme
Véxase tamén
Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en París