miniatura|250px|Esquema do interior da Terra.C: Descontinuidade de Lehmann. 5: Núcleo externo.6: Núcleo interno. A descontinuidade de Lehmann, tamén chamada descontinuidade de Wiechert-Lehmann-Jeffrys, é o límite entre o núcleo externo, fluído, e o núcleo interno, sólido, da Terra.

Foi descuberta en 1936 pola sismóloga danesa Inge Lehmann.William Lowrie (1997): Fundamentals of Geophysics. Cambridge University Press. páx. 158. ISBN 0-521-46728-4.

Está situada a unha profundidade media de 5 155 km, dato que non se estableceu con precisión até o principio da década de 1960.Tarbuck, E. J. & Lutgens, F. K. 2005. Ciencias de la Tierra, 8ª edición. Pearson Educación S. A., Madrid. ISBN 84-205-4400-0

Outra descontinuidade máis superficial á que tamén se lle deu o nome de descontinuidade de Lehmann por ser igualmente descuberta por ela está situada a uns 220 km de profundidade. A esa profundidade prodúcese un abrupto incremento das velocidades das ondas P e S, a unha profundidade de aproximidamente 220±30 km. Obsérvase debaixo dos continentes, pero xeralmente non por debaixo dos océanos. Para explicar esta descontinuidade propuxéronse varias teorías.Shunʼichirō Karato (2008): Deformation of earth materials: an introduction to the rheology of solid earth. Cambridge University Press. ISBN 0-521-84404-5

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Descontinuidade Descontinuidade de Conrad Descontinuidade de Mohorovičić Descontinuidade de Gutenberg Estrutura interna da Terra

Ligazóns externas Inge Lehmann, UCLA. Consultada o 17/3/2012. Career highlights of Inge Lehmann from UCLA. Consultada o 17/3/2012.

Estrutura interna da Terra Estrurtura da Terra