O termo Foro pode referirse a:
Foro, contrato esencialmente agrario e de longa duración, mesmo perpetuo, polo cal unha persoa ou institución lle cede a outra o uso dun ben a cambio dunha renda e cunhas condicións estipuladas. Tamén se denomina foro o canon ou mercadoría con que se pagaba anualmente ese arrendamento, e a propiedade cedida a cambio do pagamento do canon foral; Foro, privilexio ou exención que unha autoridade concedía a un determinado territorio, rexión, vila ou a unha familia ou persoa; Foro, praza das urbes da antiga Roma que constituía o centro da vida pública, o exemplo máis salientable é o do Foro Romano, a cerna da cidade de Roma. Por derivación, este termo deu lugar a numerosos foros: O foro, praza onde se trataban os negocios públicos e onde o pretor celebraba os xuízos durante o Imperio romano; Foro, lugar onde un tribunal de xustiza exerce as súas funcións; Foro, ou curia, conxunto de avogados, procuradores e empregados da administración de xustiza; Foro, tipo de reunión onde distintas persoas discuten en torno a un tema de interese común. É, esencialmente, unha técnica de comunicación oral, pero tamén pode ser virtual: Foro de Internet. O aforamento, a denominación utilizada en Dereito para designar os privilexios ou normas especiais que se aplican a unha ou varias persoas (aforados) por algún motivo, particularmente a súa condición de pertenza a un colectivo privilexiado o de xurisdición privativa: Foro eclesiástico; Foro militar; Foro parlamentario; Foro universitario. Foro, partido fundado por Eduard Punset; Foro Asturias, partido político asturiano liderado por Francisco Álvarez-Cascos; Foro Social Mundial, encontro anual de organizacións cidadáns favorables ao altermundismo.
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza Foro, lugar da parroquia de Présaras, no concello de Vilasantar; O Foro, lugar da parroquia de Reinante, no concello de Barreiros; O Foro, lugar da parroquia de Folladela, no concello de Melide; O Foro, lugar da parroquia do Freixo, no concello das Pontes de García Rodríguez; O Foro, lugar da parroquia de Distriz, no concello de Vilalba; O Foro, lugar da parroquia de Covas, no concello de Viveiro.
Amais, como hipocorístico pode referirse a:
Telesforo Lorenzo Gama, xogador galego de fútbol, coñecido como Foro (n. 1921).