A Game of Thrones é o primeiro libro de A Song of Ice and Fire ("Unha canción de xeo e lume"), unha serie de novelas de fantasía escritas polo autor norteamericano George R. R. Martin. Foi publicado por primeira vez o 6 de agosto de 1996.

Na novela, preséntanse varios puntos de vista e liñas argumentais, sendo as tres máis importantes: a loita das casas nobres polo control dos Sete Reinos principalmente a Casa Stark, a Casa Lannister e a Casa Baratheon, a actual dinastía gobernante; o tema do Muro e a loita co descoñecido alén dos reinos, e a historia de Daenerys Targaryen, derradeiro membro da Casa Targaryen, que gobernara os Sete Reinos ata quince anos antes do comezo do libro. A novela cedeu o seu nome a numerosos traballos baseados nas novelas de Martin, incluíndo o xogo de cartas, a banda deseñada, o xogo de rol, e o videoxogo.

A serie da HBO Game of Thrones levou ás pantallas de televisión este primeiro libro da serie, cuxo primeiro capítulo foi estreado o 17 de abril de 2011.

Galardóns Gañadora do Locus Award en 1997, Gañadora do World Fantasy Award en 1997 Nomeada ó Nebula Award en 1998 A novela curta Blood of the Dragon, que recolle os capítulos adicados a Daenerys Targaryen, gañou o Premio Hugo en 1997 En xaneiro de 2011 a novela converteuse nunha das mellores vendidas segundo o New York Times e acadou o número da lista en xullo de 2011. recoñecemento populamente coñecido como best sellers.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas George R.R. Martin’s ‘Game Of Thrones’ Greenlit By HBO

Categoría:A Song of Ice and Fire Categoría:Obras literarias de 1996 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Novelas de George R. R. Martin