Autobuses Urbanos de Ourense S.L., ou simplemente Urbanos de Ourense é unha empresa galega de transportes que se encarga da prestación do servizo de transporte público urbano á cidade de Ourense dende que foi constituída no ano 2005. A sociedade está constituída por varias empresas como Vitrasa, Auto-Res, Grupo Alfer, Autos González e Autos A.González e está xestionada polo Grupo Avanza. Dende o 25 de maio de 2022, estrea nova web . Na actualidade, a plataforma ten dúas páxinas web, a oficial do Grupo Avanza e a oficial do Concello de Ourense adaptada da aplicación para teléfonos ofrecida polo organismo. Liñas. En outubro de 2025, Urbanos de Ourense conta cun total de 14 liñas (1-13, 16), ademais de dúas liñas nocturnas (Moucho Bus) operativas os venres, sábados e vésperas de festivos:
1: 6º Instituto - Berrocás 2: Covadonga - Berrocas 3: Santa Cruz - Cumial 4: Eirasvedras - Seixalbo 5: Ceboliño - Reza 6: Antiga Estación de Autobuses - Rairo 7: Covadonga - A Valenzá 8: Alameda - Milagrosa - Residencia 9: Chavasqueira - Parque San Lázaro - Cemiterio Velle/Mende 10: Cabeza de Vaca - Velle 11: Santa Mariña - O Viso 12: Auxiliar itinerante (Fechos - Fonsillón - Rabo de Galo - Mende) 13: Univ. Laboral (Cuña) - Palmés 14: Moucho Bus - 14A | 14B (Valdorregueiro - Universidade Laboral (Cuña)|Antiga Estación Autobús - Berrocás) 16: Mende - Campus - Residencia - Polvorín
Percorrido turístico. Urbanos de Ourense tamén explota o tren turístico Tren das Termas (liña 15), que cobre o percorrido entre a Praza Maior e as Termas de Outariz. A ruta fai parada nas principais atraccións termais da cidade, na Ponte Romana (Nova oficina de turismo), o Parque de San Lázaro, a Praza do Ferro (Só na volta) e finaliza na Praza Maior.
Tarifas. +Detalle de tarifas 2025 do 1 de xullo de 2025 ao 31 de decembro de 2025Tipo de tarifaPrezoTarifas sen Tarxeta MilenioTarifa Ordinaria*0,85 €Menores de 14 anos**GratisTarifas con Tarxeta MilenioTarxeta Milenio Ordinaria0,31 €Tarxeta Milenio Estudante0,21 €Tarxeta Milenio Terceira IdadeGratisTarxeta Milenio PensionistaGratisTarxeta Milenio Persoas con discapacidadeGratisTarxeta Milenio Novos (16-18 anos)GratisTarxeta Milenio DesempregadosGratis *Os pagos sen Tarxeta Milenio han ser en efectivo, o cambio máximo e de 10 €
**Os menores de 14 anos deben presentar DNI ou documento equivalente que acredite a súa idade.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial. Sitio web buses do Concello. Documento de información xeral.
Categoría:Transporte en Ourense Categoría:Empresas de transporte de Galicia Categoría:Economía de Galicia sen imaxes Categoría:Ourense sen imaxes