José Rey-González, nado en Bemil (Caldas de Reis) o 21 de agosto de 1874 e finado en Vigo o 21 de marzo de 1957,La Noche, 23-3-1957, p. 7 foi un mestre e poeta galego.
Traxectoria Exerceu como mestre en Sabarís e desde 1934 na escola Graduada do Grupo Areal de Vigo, da que foi director. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo, aínda que posteriormente foi reposto.
Publicou varios libros de poesía e algúns dos seus poemas apareceron en Tierra Gallega. Deixou inédito un volume titulado Contando cuentos.
Vida persoal
Foi pai de Jacobo Rey Porto.
Obras Frangullas, 1910, con prólogo de Enrique Labarta Pose. Lira gallega, 1911. Fume de pallas, 1912. Frores murchas, 1914. A musa da terra, 1915 Latexos. Cántigas da terriña, 1925 (poemario bilingüe).
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Caldas de Reis Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1957