Valentín Carrera González, nado en Ponferrada o 22 de marzo de 1958, é un escritor, xornalista, editor, blogueiro, autor de libros de viaxes e de ensaios.

Traballa desde 1971 en prensa, radio e televisión. Foi cronista da primeira expedición española á Antártida e dirixiu as series Os viaxeiros da luz e Linatakalam, patrocinada pola Alianza de Civilizacións, entre outras. Traxectoria É doutor en Belas Artes pola Universidade de Salamanca (1998) e licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela (1981). Deu os seus primeiros pasos no xornalismo no desaparecido semanario berciano Aquiana (1971) e no Diario de León. Tamén foi correspondente de La Región e La Vanguardia en Santiago de Compostela, redactor de La Voz de Galicia e colaborador en Viajar, SER, COPE, El País etc. En televisión dirixiu máis de oitenta documentais, series e programas, destacando Os viaxeiros da luz, As viaxeiras da Lúa, emitidas por Televisión de Galicia (TVG); Hanan, emitida por Televisión Española (TVE) e a Sociedade Nacional de Radiodifusión e de Televisión de Marrocos (SNRT). En 2006 dirixiu a coprodución internacional Linatakalam, primeira serie mundial patrocinada pola Alianza de Civilizacións, sobre o diálogo no Mediterráneo, rodada en Exipto, Turquía, Italia, Tunisia, España e Marrocos, con versións en castelán, galego, árabe, francés, inglés, valenciano e italiano; emitida por TVE, Localia, Canle Nou, SNRT, entre outros.

Viaxou como xornalista desde o Xapón á Antártida, onde foi cronista para a Axencia EFE, Axencia Galega de Noticias e El País da primeira expedición científica á Antártida (1986-87), que relata no libro Viaje a los mares de la Antártida (1988). Navegou polo Gran Sol (Riosil), o Nilo, o Danubio e o Amazonas, onde conviviu durante algún tempo no poboado yagua de Brillonuevo. Escribiu crónicas viaxeiras da Bretaña (Viaje al país dos druídas), Portugal (Viaje a Portulicia), Kenya, o Perú e Exipto. Viaxou a pé e dacabalo Lisboa-Santiago, Ourense-Santo André de Teixido, Galicia, Escocia, Brocelianda e o Camiño de Santiago desde Roncesvales (revista Viajar, 1984). Do global ao local, a súa paixón é a súa terra natal, O Bierzo, que percorreu varias veces en globo, a pé, de a cabalo, en tren e en balsa.

Como emprendedor audiovisual, dirixiu a empresa IBISA TV (1988-2010), situada en Santiago de Compostela. Foi presidente da Asociación Galega de Produtores Independentes (AGAPI), e membro do Consello Social da Universidade de Santiago (2006-2008).

Desde 2011, dirixe a editorial Paradiso Gutenberg e o seu selo dixital eBooksBierzo, mentres analiza a actualidade política e parlamentaria no blog Tornarratos, Radio Galega,​ Galicia Confidencial​ e o Semanal Digital.​ Ademais, en abril de 2014 lanzou, como editor, a colección Biblioteca Gil y Carrasco II Centenario 1815-2015, na honra do escritor berciano Enrique Gil y Carrasco, da que tamén é director.

En 1986 embarcou como único xornalista na primeira expedición científico-pesqueira española á Antártida, aventura que abriu a España as portas do Tratado Antártico. Trinta anos despois regresou a bordo dos buques Sarmiento de Gamboa e Hespérides, na expedición número 30, auspiciada polo Comité Polar Español, experiencia recollida en Antártida (2020).

Obra en galego Narrativa Riosil (1990), Xerais, Premio Blanco Amor de Novela Longa. 184 páxs. ISBN 978-84-7507-496-2.

Obra en castelán Narrativa La puta mar (1998). Ibisa. 145 páxs. ISBN 978-84-87036-55-2. En 2012 Ebooksbierzo.

Viaxes Viaje al fin de los mundos (1987). Deputación da Coruña. Fotografía de Miguel Losada. 144 páxs. ISBN 978-84-505-6821-9. El Viaje del Bierzo (1988). Ibisa. Fotografías de Anxo Cabada. 180 páxs. ISBN 978-84-87036-50-7. Viaje a los mares de la Antártida (1988). Ministerio de Agricultura y Pesca. 152 páxs. ISBN 978-84-491-0207-3. Los caminos de la memoria (1995). Deputación de Pontevedra. 196 páxs. ISBN 978-84-88363-20-6. Viaje interior a la provincia del Bierzo (2008). Ibisa. Fotografías de Anxo Cabada. 400 páxs. ISBN 978-84-87036-57-6. Viaje a los mares de la Antártida. Primera expedición científica española a la Antártida, 1986/87 (2017). Sacauntos. 142 páxs. ISBN 978-84-16121-73-1. La aventura de la ciencia en la Antártida. XXX Expedición científica española a la Antártida (2017). Secretaría General Técnica. Ministerio de Economía y Empresa. Centro de Publicaciones. 120 páxs. ISBN 978-84-92546-38-1. El viaje del Vierzo. Cuaderno de Friburgo 1988-2018 (2018). Fotografías de Anxo Cabada. Instituto Leonés de Cultura. 222 páxs. ISBN 978-84-89410-56-5.

Antártida (2020). Ediciones del Viento, Viento Céfiro. 464 páxs. ISBN 978-84-120558-9-4.

Periodismo ensaio

Memoria de una emisora local. Radio 80. Pontevedra (1984). Ed. de autor. 272 páxs. ISBN 978-84-398-3105-1. El álbum de Ponferrada (1990). Ibisa. 150 páxs. ISBN 978-84-87036-52-1. Robinson en El Bierzo (1991). Tórculo. 175 páxs. ISBN 978-84-87036-53-8. Álbum del Bierzo (1994), Filmoteca de Castela e León. En colaboración con Adelino Pérez. 222 páxs. ISBN 978-84-606-2231-4. Álbum de Bembibre (1994). Lancia. En colaboración con Manuel Domínguez. En 2013, Ebooksbierzo. ISBN 978-84-940458-1-3. Winocio y Pablo Testera. Fotógragos de León y Benavente (1998). Filmoteca de Castela e León. 118 páxs. ISBN 978-84-7846-834-8. Benavente y los valles. Fotografía y vida cotidiana en el cambio de siglo (1999). Ibisa. 180 páxs. ISBN 978-84-87036-56-9. Necesidades de formación do audiovisual en Galicia (2002). Xunta de Galicia, coautor. Cluster do audiuovisual galego (2003). Soluziona. Municipales 2011 en Galicia: una radiografía periodística: crónica y análisis de la campaña en prensa, web y redes sociales (2011). Lea. En colaboración con Yolanda del Campo. ISBN 978-84-95444-13-4. As eleccións xerais do 20N na rede (2011). Lea. en colaboración con Yolanda del Campo. El señor de Bemvibre. La película: guión cinematográfico (2011).Ebooksbierzo. ISBN 978-84-940114-9-8. eBook de San Román de Bembibre (2012). eBooksBierzo. Pescanova Crimen Perfecto. Mola ser pirata: una estafa piramidal más (2013). Ebooksbierzo. 150 páxs. ISBN 978-84-941774-5-3. 1001 tuits por amor. El auto de imputación de la Infanta Cristina de Borbón en Twitter (2014). Ebooksbierzo. ISBN 978-84-941774-7-7. Semillas para El Bierzo. Escuchando la innovación y el emprendimiento social (2016). Ebooksbierzo. 200 páxs. ISBN 978-84-945097-0-4.

Ahí Estamos. Dolores, diagnósticos y prosas ácidas sin anestesia (2016). Los Libros de La Nueva Crónica. 140 páxs. ISBN 978-84-945324-0-5.

Mayo iraní. La primavera persa (2017). Hispalibros. 217 páxs. ISBN 978-84-17023-26-3. Gabriel de Castilla, avistador de la Antártida en 1603 (2019). Ebooksbierzo. 66 páxs. ISBN 978-84-948721-3-6. San Román de Bembibre. De vidas y costumbres, de infancias y abuelos, de pleitos con la memoria. Ebooksbierzo. 100 páxs. ISBN 978-84-940114-2-9. Tornarratos. Blog de crítica constructiva. Ebooksbierzo. ISBN 978-84-941774-3-9.

Filmografía

Series

Os Viaxeiros da Luz (1991). TVG. 13 capítulos de 26 min., galego e castelan. Director. O Sal da Terra: Historia do sindicalismo galego (1999). TVG, UGT e CCOO, seis capítulos de 26 min., galego e castelán, presentado por Uxía Blanco. Codirector e coguionista. As Viaxeiras da Lúa (2003). TVG, 13 capítulos de 26 min. Director. Hanan. De Marrocos a Galicia (2005., TVG e SNRT, 6 capítulos de 26 min., galego, francés e árabe. Director. Linatakalam, (2006). TVE, TVG y SNRT, 6 capítulos de 26 min., galego, castelán, valenciano, francés, italiano e árabe. Produtor e realizador. Doa a Doa (2007-2009). TVG, 70 episodios de 12 min., galego. Codirección con Yolanda del Campo. O fío do retrato (2010). TVG, 13 capítulos x 26 min., galego (produtor; realización: Yolanda del Campo).

Longametraxes e documentais

El bosque de piedra (1997). Ibisa TV. Guionista. 24 h. na canteira (1998). Ibisa TV. Documental. Guionista. Bassir & Karpin (2006). TVG, 26 min. Direector. Scherezade en Galicia. As verbas de Nélida Piñón (2006). TVG, O Globo, 26 min. Los homeless invisibles (2007). TVG, 52 min. Director. A revolta universitaria do 68. Unha loita da mocidade galega (2008). TVG. Director. Documental. Viaje interior a la provincia del Bierzo (2009). 72 min., documental, TV Castilla y León. Director. Traballo e vida en Bueu. A industria conserveira (2009). TVG. Prductor. Documental. El Señor de Bemvibre (2011). Bierzo Paradiso. Histórica. Director.

Curtametraxes

Trofeo (2002). TVG. 11 min. Produtor.

Premios e distincións 1971: Premio Nacional de Redacción. 1990: Premio Blanco Amor de Novela Longa pola novela Riosil. 1990: Premio Francisco de Cossío de Periodismo, Xunta de Castela e León. 1991: Premio Tesauro á serie de máis audiencia por Os Viaxeiros da Luz . 1991: Premio Galicia de Comunicación, Xunta de Galicia. 1998: 2º Premio Internacional IFHP, A Haia. 2001: Premio Chano Piñeiro en produción multimedia. 2007: Premio Mi retina, Festival de Cine de Ponferrada.​ 2011: Aloitador de Honra, Rapa das Bestas de Sabucedo, Pontevedra. 2013: Gran Maestre de Honor da Asociación de Amigos de la Noche Templaria de Ponferrada.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

na Biblioteca Virtual Galega.

Web oficial de Valentín Carrera: ValentinCarrera.es Crónica política desde Galicia: Blog Tornarratos. La Antártida (2020): Recensión Editorial

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Gañadores do Premio Blanco Amor Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Ponferrada