Juan Fernando Salgado García, nado en Monterroso o 28 de marzo de 1953, é un xornalista e político galego.

Traxectoria Licenciouse en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Foi cronista do Congreso dos Deputados (1976-1980). Traballou como xornalista en Mundo Obrero, La Voz de Galicia (redactor e xefe da sección de Economía entre 1981 e 1987) e foi director de El Progreso (1994-2000). Tamén foi delegado da Corporación Voz de Galicia en Lugo.

Entre 1987 e 1990, durante o goberno tripartito de Fernando González Laxe, foi nomeado conselleiro de Economía e Facenda. Foi secretario xeral da Fundación Galicia-Europa (1988-1990), deputado no Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE (1989-1994) e Secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia (2005-2009).

En 1991 comezou a traballar como profesor de estrutura económica na Universidade da Coruña, e despois foi profesor na facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

En 1986 recibiu o Premio Galicia de Xornalismo Económico.

Obra en galego Ensaio Lorenzo Varela: crónica dunha vida atormentada, 1995, Ediciós do Castro. Lorenzo Varela: a voz desterrada, 2005, Ediciós do Castro. Lorenzo Varela: memorias incompletas, 2005, La Voz de Galicia.

Narrativa O Jalisco, 2001, Ir Indo.

Edición Vinte e nove cartas de Lorenzo Varela, 2005, Ediciós do Castro.

Obras colectivas Lorenzo Varela (1916-1978): unha fotobiografía, 2005, Xerais. Monterroso e Lugo, as raíces de Lorenzo Varela, 2005, Tris Tram.

Obra en castelán Ensaio El Estatuto de Galicia, 1976.

Obras colectivas Cuadernos Galicia-CEE. Sector lácteo, con Xaime García e Xosé Colino, 1986.

Vida persoal É pai do poeta e xornalista Daniel Salgado.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Artigo en El Correo Gallego

Categoría:Xornalistas de Monterroso Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados en Monterroso Categoría:Nados en 1953 Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia