Ramón Pasarón Lastra, nado en Castropol o 2 de setembro de 1808 e finado en Madrid o 5 de xaneiro de 1876, foi un xurista e político galego.

Traxectoria Foi xuíz de Viveiro (1838) e xuíz de primeira instancia en Ferrol (1841), maxistrado da Audiencia de Valladolid (1842) e ministro da Audiencia de Pamplona (1843). Membro dos progresistas, foi deputado polo distrito de Ribadeo (1850-1852), polo de Lugo (1854-1856) e polo de Pastrana (Guadalaxara) (1871-1873). Foi intendente xeral de Cuba (1854-1856), gobernador civil da Coruña e vicepresidente do Congreso.

Obras Proyecto de bancos agrícolas para las provincias de Galicia y Asturias, 1853. Informe sobre el estado en que halló a los colonos pobres de Galicia el hambre que los afligió durante el año 1853, 1853. La Isla de Cuba considerada económicamente, 1858.

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Nados en Castropol Categoría:Nados en 1808 Categoría:Finados en 1876