Eyes Wide Shut é un filme británico-estadounidense de 1999, dirixido, producido e coescrito por Stanley Kubrick. Baséase na novela Traumnovelle, escrita en 1926 por Arthur Schnitzler. É un drama psicolóxico de misterio e erótico que conta as aventuras sexuais do doutor Bill Harford, quen queda moi impactado cando a súa muller Alice lle revela que pensara en ter unha aventura o ano anterior. O doutor Harford comeza unha aventura nocturna, durante a cal se infiltra nunha orxía enmascarada levada a cabo por unha sociedade secreta sen nome.
Kubrick obtivo os dereitos da rodaxe de Traumnovelle na década de 1960, considerando o texto como perfecto para unha adaptación sobre as relacións sexuais. Reviviu o proxecto na década de 1990 cando contratou ao guionista Frederic Raphael para que o axudase na adaptación. O filme, que foi maioritariamente rodado no Reino Unido, conta cunha detallada recreación do exterior da rúa Greenwich Village, a cal foi desenvolvida en Pinewood Studios. A produción do filme, de 400 días, ten o récord Guinness do mundo como a máis longa rodaxe continua dun filme.
dereita|250px|miniatura|Mentmore Towers, unha das localizacións do filme.
Personaxes
Tom Cruise como Dr. William "Bill" Harford Nicole Kidman como Alice Harford Sydney Pollack como Victor Ziegler Marie Richardson como Marion Nathanson Todd Field como Nick Nightingale Sky du Mont como Sandor Szavost Rade Šerbedžija como Mr. Milich Vinessa Shaw como Domino Leelee Sobieski como a filla de Milich Alan Cumming como o recepcionista do hotel Leon Vitali como Red Cloak Julienne Davis como Mandy Curran Thomas Gibson como Carl Thomas
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Stanley Kubrick Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes sobre sexualidade Categoría:Filmes ambientados en Nova York