O trastorno de personalidade esquizoide é un trastorno de personalidade primariamente caracterizado por falta de interese en relacións sociais, tendencia ao illamento e á introspección, e friaxe emocional, e simultaneamente por unha rica e elaborada actividade imaxinaria interiorAuthur S. Reber- Dictionary of Psychology, Penguin p.690 (1995). Aínda que os termos sexan parecidos, o trastorno de personalidade esquizoide non é o mesmo que esquizofrenia (aínda que haxa unha prevalencia maior de persoas con este trastorno en familias con esquizofrenia e ambos compartan características como distanciamento ou embotamento afectivo).
Historia O termo "esquizoide" foi creado en 1908 por Eugen Bleuler para designar unha tendencia de dirixir a atención para a vida interior en vez de para o mundo exterior, un concepto próximo da "introversión" de Carl Jung. Bleuler tamén designou o esaxeración mórbida mais non-psicótica desa tendencia como a "personalidade esquizoide".
Desde entón, os estudos sobre a personalidade esquizoide teñen seguido dous camiños distintos: por un lado, a tradición da psiquiatría descritiva, que se foca no comportamento observable e nos síntomas descritibles, que é exposta nas descrición presentadas no DSM e na CID; e por outro lado, a tradición da psiquiatría dinámica, que inclúe o estudo das causas ocultas e/ou inconscientes da personalidade.
A tradición descritiva comeza coa descrición que Ernst Kretschmer (1925) fai do comportamento esquizoide, que el catalogou en tres tipos de características: (1) insociabilidade, tranquilidade, reserva, seriedade e excentricidade; (2) timidez, segredo sentimental, sensibilidade, nervosismo, excitabilidade e gosto pola natureza e polos libros; e (3) docilidade, amabilidade, honestidade, indiferenza, silencio e actitudes emocionais frías. Nesas características podemos ver as raíces da división (no DSM-IV) do carácter esquizoide en tres diferentes trastornos de personalidade, aínda que o propio Kretschmer non concibise a separación deses comportamentos até ao punto do illamento radical entre eles, considerando, en vez diso, que eles se encontran simultaneamente presentes nos individuos esquizoides. Para Kretschmer a maioría dos esquizoides non son ou hipersensibles ou fríos, senón hipersensibles e fríos "ao mesmo tempo" en diferentes proporcións relativas, con tendencia para moverse entre estas dimensións dun comportamento para o outro.
O segundo camiño, da psiquiatría dinámica, comezou coa observación por Eugen Bleuler (1924) de que a persoa esquizoide e a patoloxía esquizoide non son entidades que poidan ser separadas. En 1940, W.R.D.Fairbairn presentou o seu traballo sobre a personalidade esquizoide, onde a maior parte do que é hoxe coñecido sobre o fenómeno esquizoide pode ser encontrado. Aí Fairbairn referiu catro temas esquizoides centrais: primeiro, a necesidade de regular a distancia interpersoal como un foco central de preocupación; segundo, a habilidade para mobilizar as defensas de auto-preservación e autoconfianza; terceira, unha difusa tensión entre a necesidade cargada de ansiedade de unión e a necesidade defensiva de distancia, que se manifesta exteriormente como indiferenza; e, en cuarto, unha super-valorización do mundo interior sobre o mundo exterior. Tras de Fairbairn, continuaron a ser feitos ricos estudos sobre o carácter esquizoide, concretamente por autores como Nannarello (1953), Laing (1960), Winnicott (1965), Guntrip (1969), Khan (1974), Akhtar (1987), Seinfeld (1991), Manfield (1992) e Klein (1995).
Criterios de diagnóstico O diagnóstico está baseado nas experiencias reportadas polo paciente, como tamén marcadores do trastorno observados por un profesional da saúde mental. A lista de criterios, que precisan ser alcanzados para o diagnóstico, está descrita no DSM-IV.
Criterios do DSM-IV
A última versión do Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders (DSM) - a guía estadounidense amplamente usada por médicos na procura dun diagnóstico de enfermidades mentais – define o TPE como: "un patrón invasivo de distanciamento das relacións sociais e un alcance restricto de expresión de emocións, que comeza no inicio da idade adulta e está presente nunha variedade de contextos".
Os criterios son (polo menos catro):
Non desexa nin aprecia as relacións íntimas, incluíndo ser parte dunha familia. Case sempre escolle actividades solitarias. Ten pouca, se algunha, vontade de ter relacións sexuais con outra persoa. Ten pracer en poucas actividades, se algunha. Falta de amigos íntimos ou confidentes que non sexan parentes de primeiro grao. É indiferente ás críticas ou eloxios. Mostra friaxe emocional, distancia ou afectividade limitada.
Para o DSM-V, está proposto que o trastorno de personalidade esquizoide deixe de ser considerado como un tipo específico, mais si como unha combinación de trazos de personalidade patolóxicos (retraemento social, illamento social, fuga á intimidade, afectividade restrcita, anedonía)
Criterios da CID-10
A CID-10 da Organización Mundial da Saúde define o TPE de forma moi semellante ao DSM-IV. Segundo a CID-10, son necesarios polo menos catro destes síntomas:
Ten pracer en poucas actividades, se algunha. Mostra friaxe emocional, distancia ou afectividade limitada. Capacidade limitada para expresar tanto sentimentos de calor e tenrura como de ira para con outras persoas Aparente indiferenza ás críticas ou eloxios. Pouca vontade de ter relacións sexuais con outra persoa (atendendo á idade) Case sempre escolle actividades solitarias. Preocupación excesiva con fantasía e introspección. Falta de amigos íntimos ou confidentes (ou apenas un) e de desexo de os ter Marcada insensibilidade ás normas e convencións sociais estabelecidas
Exclúe: síndrome de Asperger, trastorno delirante, trastorno esquizoide da infancia, esquizofrenia e trastorno de personalidade esquizotípica
Perfil fenomenolóxico de Akhtar Nun artigo publicado no American Journal of Psychotherapy, Salman Akhtar, M.D., fornece unha descrición alargada do trastorno de personalidade esquizoide, sintetizando as descricións clásicas e contemporáneas con obervacións psicanalíticas.
Este perfil é sumarizado na táboa reproducida abaixo, listando manifestacións clínicas en seis áreas de comportamento psicosocial e designadas como "abertas" e "encubertas".
Nótese que tal non pretende significar que haxa dous tipos de esquizoides ("abertos" e "encubertos"), senón que cada individuo esquizoide tende a ter unha faceta "aberta" que mostra ao mundo e unha faceta "encuberta" que raramente revela.
+Características clínicas do trastorno de personalidade esquizoide Área CaracterísticasAbertoEncubertoAuto-concepto compracente estoico non competitivo autosuficiente pouco asertivo sentíndose inferior e un "estraño" na vida cínico inauténtico despersonalizado alternativamente sentíndose baleiro ("como un robot") ou cheo de fantasías omnipotentes e vingativas grandiosidade ocultaRelacións interpersoais afastado indiferente poucos amigos chegados impermeable ás emocións dos outros medo de intimidade extremadamente sensible profundamente curioso sedento de amor envexoso da espontaneidade allea necesitando intensamente de envolvemento cos outros capaz de excitación con amigos íntimos coidadosamente escollidosAdaptación social prefire actividades recreativas e ocupacionais solitarias marxinal ou eclecticamente sociable en grupos vulnerable a movementos esotéricos debido a unha forte necesidade de pertenza tendencia á preguiza e indolencia falta de clareza nos obxectivos fraca afiliación étnica usualmente capaz de regularidade no traballo por veces bastante creativo, podendo facer contribución únicas e orixinais capaz de persistencia apaixonada en certas esferas de interese Amor e sexualidade asexual, por veces célibe sen intereses románticos aversión a boatos e insinuacións sexuais intereses voyeurísticos secretos vulnerable á erotomanía tendencia a perversións compulsivasética, patróns e ideais conviccións morais e políticas idiosincráticas tendencia para intereses espirituais, místicos e para-psicolóxicos inestabilidade moral ocasionalmente contundentemente amoral e vulnerable a crimes bizarros, outras veces auto-sacrificándose altruisticamenteEstilo cognitivo distraído absorto en fantasía discurso vago e empolado alternando entre a elocuencia e o discurso pouco articulado pensamento autista flutuacións entre agudo contacto coa realidade exterior e a hiper-reflexión acerca de si uso autocéntrico da linguaxe
Relacións con outros As persoas que teñen trastorno de personalidade esquizoide son máis felices cando están nun relación na que o compañeiro coloca poucas esixencias emocionais ou íntimas nela, xa que non son as persoas por si só que elas queren evitar, mais ambas as emoción negativas e positivas, intimidade emocional, e auto-revelación.Manfield, Philip (1992), p. 207
Iso significa que é posible para individuos esquizoides formar relacións con outros baseados en actividades intelectuais, físicas, familiares, ocupacionais e recreativas, se eses xeitos de relacionarse non esixen ou forzan a necesidade de intimidade emocional, o que o individuo irá rexeitar.
Donald Winnicott resume a necesidade do esquizoide de modular interaccións emocionais con outros co seu comentario de que estes individuos "prefiren formar relacionamentos nos seus propios termos e non nos termos dos impulsos doutras persoas", e se non puideran facelo, prefiren o illamento.
As persoas con trastorno de personalidade esquizoide son vistas como distantes, frías e indiferentes, o que causa algúns problemas sociais. A maioría dos individuos diagnosticados con trastorno de personalidade esquizoide teñen dificultade en estabelecer relacións sociais ou expresar os seus sentimentos dunha maneira significativa, e poden permanecer pasivos cara a situacións desfavorables. A maneira destes de comunicarse con outras persoas ás veces pode ser indiferente e concisa. Por causa da carencia de comunicación con outras persoas, aquelas que son diagnosticadas con trastorno de personalidade esquizoide non son capaces de ter unha reflexión de si mesmas. A reflexión é importante para estes tornárense máis conscientes de si mesmos e das súas propias accións en ambientes sociais. R. D. Laing suxire que sen a existencia de inxeccións interpersoais de realidade, ocorre un empobrecemento da propia imaxe persoal, tornándose máis e máis baleira e volátil, facendo ao propio individuo sentirse irreal.R. D. Laing (1965), chapter-5 'The Inner Self of the Schizoid Condition' p.82-100
Sexualidade esquizoide As persoas con trastorno de personalidade esquizoide son ás veces sexualmente apáticas, aínda que non sofren normalmente de anorgasmia. Moitos esquizoides teñen unha vontade sexual normal mais algúns prefiren a masturbación en vez de lidar cos aspectos sociais de buscar un compañeiro sexual. Por iso, as necesidades sexuais destes poden parecer menores que aqueles que non teñen trastorno de personalidade esquizoide, xa que prefiren permanecer sós e disociados. Cando practican sexo, individuos con trastorno de personalidade esquizoide frecuentemente senten que o seu espazo persoal está sendo violado, e normalmente cren que a masturbación ou abstinencia sexual é preferible á proximidade emocional que eles precisan tolerar cando teñen sexo. Expandindo significativamente ese retrato, hai notables excepcións de individuos con trastorno de personalidade esquizoide que si teñen ocasionalmente, ou mesmo frecuentemente, actividades sexuais con outros.Nannarello, J. (1953), p.240-242